"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Afonso V de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aforcar.

    2. Persoa que morre por aforcamento.

    3. Persoa que padece penurias económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aforcar ou aforcarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Matar a alguén por asfixia, pendurándoo dunha corda polo pescozo.

    2. Quitarse a vida colgándose dunha corda polo pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor grego. Activo no final do s V a C, coetáneo de Zeuxis. Pintou a decoración da casa de Alcibíades e tamén decorados teatrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación agrarista aparecida en Negreira o 6 de setembro de 1921 que desapareceu en xuño de 1927, no número 81. Dirixíao Manuel Ruso Alonso, sendo Luís Pereiro González o redactor-xefe. Colaboraron nela Uxío Carré Aldao, Antón Vilar Ponte, X. Prado Lameiro, Rodríguez Elías e Salvador García F. de Bodaño. Nas súas seccións “Noticia”, “Movimiento Agrario”, “Desde Cuba”, “De la comarca” e “Necrología”, incluíanse informacións sobre o agrarismo e a comarca da Barcala. No seu último número reprodúcese o poema de Pondal “Os Pinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político romano. Dirixiu a campaña contra Sexto Pompeio (segundo fillo de Pompeio o Grande) a quen derrotou en Sicilia (37-36 a C), unha expedición contra os ilirios (35-33 a C) e tomou parte na Batalla de Actium (31 a C). Defendeu a Galia (20-19 a C) das ameazas a que estaba a ser sometida polos xermanos e puxo fin ás guerras cántabras (19 a C). Agripa foi senador, tivo a potestade imperial concedida por Augusto (21 a C) e tribuno (18 a C); así mesmo, a súa influencia sobre Augusto, de quen era o principal conselleiro, estableceu un verdadeiro sistema de correxencia. Tanto Agripa coma os seus fillos Gaio e Lucio, adoptados por Augusto, morreron antes ca o Emperador. Os seus estudios xeográficos están contidos nos posteriores de Estrabón, Mela e Plinio; elaborou un inacabado mapa do mundo que mandou expor Augusto (12 a C) no pórtico de Agripa; ordenou a construción da primeira rede viaria da Galia, con centro en Lión; erixiu catro pórticos, as termas de Roma que levan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista. Publicou un volume de exercicios para guitarra, titulado Estudios e un método de guitarra xa clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Lugo que destacou pola súa tendencia altruísta a prol dos pobres, para os que crearía na capital luguesa a casa das Hermanitas de los Pobres. Fundou tamén o Seminario Maior de xeito que o edificio antigo quedou como sede do convento franciscano. En 1909 foi nomeado Arcebispo de Burgos e en 1911, ao ser designado titular da Sé de Toledo, recibiu o capelo cardenalicio como Primado de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor posromántico e político. Dende mozo residiu en Madrid, onde interveu como xornalista no liberalismo revolucionario, ata que, desenganado, se decantou cara a un conservadurismo cada vez máis extremado. Exerceu como crítico teatral e publicou numerosos contos e novelas, entre as que destacan El sombrero de tres picos (1874), El escándalo (1875), El niño de la bola (1880), El capitán veneno (1881) e La pródiga (1882), que manifestan unha visión superficial da realidade e a preocupación polos convencionalismos morais. Foi deputado en Cortes e membro da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e cartógrafo estremeño. Foi o primeiro que explorou as costas da California e o val do Colorado, onde recolleu materiais para a confección dun mapa, así como da costa occidental de México (1541).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Ruiz de Alarcón y Mendoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista e crítico literario castelán, catedrático na Universidade de Oviedo. Autor de diversos traballos sobre lingüística medieval. Divulgador dos métodos da fonoloxía (Fonología española, 1950) e, en xeral, do estruturalismo lingüístico, estudios que deixou patentes no seu libro Gramática estrutural (1951). Publicou tamén Estudios de Gramática funcional del español (1970) e Indefinidos y numerales (1990). Membro de número da Real Academia Española de la Lengua (1973), escribiu a recente Gramática de la lengua española (1994) publicada baixo o auspicio da propia institución na colección Nebrija.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla na cal o Califa almohade Abū Yūsuf Ya’qūb al-Mansūr derrotou no ano 1195 a Afonso VIII de Castela preto de Alarcos (Ciudad Real). Esta derrota foi aproveitada polos reis de Navarra, León, Portugal e Galicia para pactar cos almohades e invadir os territorios do rei castelán, quen rexeita a axuda de Afonso I de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha (1.769 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Península Ibérica, afluente do Texo pola dereita. Nace na serra de Gredos e descende pola horta de Talavera de la Reina, cerca de onde desemboca logo dun percorrido de 177 km. No seu curso están os pantanos da Charca del Cura, San Juan, Burguillo e Las Picadas.

    VER O DETALLE DO TERMO