Alarcón y Ariza, Pedro Antonio de

Alarcón y Ariza, Pedro Antonio de

Escritor posromántico e político. Dende mozo residiu en Madrid, onde interveu como xornalista no liberalismo revolucionario, ata que, desenganado, se decantou cara a un conservadurismo cada vez máis extremado. Exerceu como crítico teatral e publicou numerosos contos e novelas, entre as que destacan El sombrero de tres picos (1874), El escándalo (1875), El niño de la bola (1880), El capitán veneno (1881) e La pródiga (1882), que manifestan unha visión superficial da realidade e a preocupación polos convencionalismos morais. Foi deputado en Cortes e membro da Real Academia Española.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Guadix, Granada

  • Deceso

    Lugar : Madrid