"RDA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 499.

  • CAPITAIS

    Capital do ostān de Ardabil, no Acerbaixán Oriental, Irán, na beira occidental do mar Caspio (329.869h [1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán na fronteira co Acerbaixán (17.814 km2; 1.141.625 h [1991]). Forma parte da rexión natural do Acerbaixán, repartida entre estes dous estados. A máxima altitude do ostān son os 4.814 m do monte Sabalan, e a súa capital é Ardabil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia da Graña, no concello de Ponteceso, de 181 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, na Serranía de Ronda, regado polo Guadalturón (3.030 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto malagueño de arte rupestre paleolítica. As figuras das cervas e dos cabalos son as máis representadas do conxunto de gravados e pinturas, aínda que tamén aparecen outros animais, así como diversos signos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Marín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político vasco. Figura destacada do movemento cooperativista de Euskadi, incorporouse ás xuventudes nacionalistas (ECI) no 1961, e ao EAJ-PNV no 1979. Alcalde de Arrasate (1979-1983) e deputado xeral de Gipuzkoa (1983), foi elixido lehendakari (presidente do goberno vasco) trala demisión de Carlos Garaicoetxea (1985), foi reelixido en 1987, 1990 e 1994. Retirouse da vida política en 1998 ao rexeitar presentarse á reelección nos comicios do 25 de outubro. Logo das eleccións de 1986 e ata a súa retirada, os gobernos que presidiu foron sempre en coalición co PSOE, con Euskadiko Eskerra e con Eusko Alkartasuna (escisión do PNV liderada por Carlos Garaicoetxea ata novembro de 1999). Durante os seus anos de goberno esforzouse en conseguir a paz no País Vasco. Froito dos seus esforzos nese eido foi o Pacto de Ajuria Enea (12.1.1988), que se converteu nun foro de debate de todos os partidos con representacións nas institucións vascas, agás Herri Batasuna. Tamén promoveu o Pacto de Lizarra, asinado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia situada ao S da punta Lapa, parroquia de Noalla, concello de Sanxenxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de atordar.

    2. Privado dos sentidos debido a un golpe ou a un ruído.

    3. Turbado, desconcertado por un feito repentino ou inesperado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa ou provoca atordamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de atordar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perturbar os sentidos a alguén por efecto dun golpe, dun ruído extraordinario.

    2. Facer perder a serenidade, a presenza do espírito, a cabeza.

    3. Turbar o ánimo de alguén deixándoo como pasmado, sen tino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De cor verde ou case verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave de gran tamaño de ata 100 cm de altura nos machos e 75 cm nas femias, de pescozo longo e patas longas e robustas; é a máis pesada de Europa. Ten a cabeza e o pescozo gris, a parte superior do corpo ocre con ondas negras e a inferior branca, as ás brancas grisallas coas puntas negras e a cola arrubiada cos lados brancos. O macho reprodutor distínguese por ter o peito e a parte inferior do pescozo de cor castaña e por presentar baixo o peteiro un bigote de plumas brancas; durante o cortexo invirte o sentido das plumas converténdose nunha bóla branca. É gregaria, de voo potente e fai o niño no chan en chairas abertas, sobre todo en terras dedicadas ao cultivo de cereais. A súa alimentación baséase na inxestión de herbas e grans, complementada con insectos, miñocas, ratos e ovos doutras aves. Distribúese amplamente pola rexión Paleártica, dende China ata a Península Ibérica e norte de Marrocos. Na Península Ibérica atópase a metade da poboación mundial, onde se comporta como sedentaria,...

    2. Ave duns 63 cm de altura, coa cola e o pescozo longos, e as ás longas e estreitas. A parte superior do corpo é ocre e a inferior é branca, coa gorxa e o peito gris; a cola tamén é gris con bandas avermelladas. Caracterízase polas plumas negras que presenta aos lados do pescozo. Pódense distinguir tres subespecies: C. undulata fuertaventurae, endémica das Islas Canarias, C. undulata undulata, do extremo norte de África, e C. undulata macqueenii, dende Oriente Medio ata Mongolia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocar unha perda da audición a alguén.

    2. Causar desconcerto ou turbación a alguén por efecto dun berro ou dun ruído moi forte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de bafordar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adestrarse cun bafordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Silveiras ou restos de vexetación colocados enriba dos muros dos camiños para impedir o paso aos terreos privados. SIN: 2bardado, sebe.

    2. Protección para muros que consiste en obxectos rematados en punta ou cortantes que impiden a súa escalada.

    3. Feixes de madeira achegados uns aos outros.

    4. Porción dun cultivo de trigo xa maduro que pode ser segado.

    5. Nube deitada ao longo do cordal dunha serra. Adoita ser o límite final dunha zona de nubosidade orográfica, vista dende sotavento.

    VER O DETALLE DO TERMO