"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • Compañía norteamericana de transportes aéreos fundada en Nova York en 1930 e reorganizada en 1934.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cineasta. Iniciou a súa relación co cine a finais dos anos sesenta ao se integrar no grupo Imaxe. En 1982 comezou a traballar en VídeoTrama en diversas funcións técnicas. Traballou tamén para Vídeo Voz dende mediados dos oitenta, realizando diversos programas culturais para a TVG. É profesor na Escola de Imaxe e Son da Coruña. A súa primeira longametraxe titúlase Blanca Madison.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carles Boloç.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra e compositor checo. Iniciou a súa carreira no ano 1931. Dirixiu a Orquestra Filharmónica Checa (1950-1968) e a Sinfónica de Toronto (1969-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Brabante, Valonia, Bélxica, na ribeira do Zenne (87.920 h [1995]). É un suburbio industrial e residencial dentro da gran Bruxelas. Entre os seus edificios relevantes cómpre salientar a catedral gótica do s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico norteamericano. En 1930 comezou un estudo exhaustivo das partículas ionizadas producidas polos raios cósmicos. Mediante unha cámara de Wilson observou en 1932 a existencia efectiva do positrón, partícula definida teoricamente por Dirac pero non observada ata ese momento. Con este descubrimento acadou o Premio Nobel de Física no ano 1936, que compartiu co seu colega Victor F. Hess.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor norteamericano. Inicialmente estivo influído por Brancusi e F. Stella. A partir de 1958-1960 traballou con elementos modulares e xeométricos que, a miúdo, dispuxo na terra en virtude do interese pola relación entre escultura e espacio. É un dos máximos representantes da arte minimalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Aplicouse na determinación da distancia Terra-Sol (paralaxe solar). Encabezou a expedición a Nova Caledonia para observar o tránsito de Venus polo disco solar, en decembro de 1874.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pallaso. En 1920 montou, xunto cos seus curmáns René e Pau (Polo), o famoso número de Andreu-Rivels. Gozou dun amplo prestixio internacional e o número, no que empregaba unha cadeira e unha guitarra, acadou moita sona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Conxunto de illas do mar Caribe que constitúen unha unidade autónoma dependente dos Países Baixos (800 km2; 189.474 h [1992]). Comprenden dous grupos de illas: por unha parte, Curação (444 km2; 144.097 [1992]) e Bonaire (288 km2; 10.187 h [1992]) situadas fronte ás costas de Venezuela; por outra, Saba (13 km2; 1.130 h [1992]), Sint Eustatius (21 km2; 1.839 h [1992]) e a metade meridional (a outra metade pertence a Francia) da illa de Sint Marteen (34 km2; 32.221 h [1992]) nas Pequenas Antillas, situadas ao L de Porto Rico. A capital é Willemstad (43.517 h [1992]), na illa de Curação. O Reino dos Países Baixos está representado por un gobernador responsable das relacións exteriores. O neerlandés é a lingua oficial e o florín a moeda oficial. A economía baséase na refinería de petróleo procedente de Venezuela e México, que emprega ao 25% da poboación ocupada de Curação. A agricultura e gandería son pouco importantes e só destacan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é contrario ao sistema parlamentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aversión aos usos, institucións, etc, propios do sistema parlamentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Profesor na Universidade de Frankfurt do Main, é autor dunha síntese filosófica (Transformation der Philosophie, 1973), con achegas da Fenomenoloxía, o Existencialismo e a Hermenéutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Provenzalista alemán e catedrático da Universidade de Breslau. Ademais dunha clásica crestomatía provenzal (1895), é autor de valiosas edicións das obras de Bernat de Ventadorn, Peire Rogier, Bertran de Born, e dos Trionfi de Petrarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político guatemalteco. Coronel (1955) e subsecretario de Defensa (1957-1958), foi Presidente da República entre 1970 e 1974. Destacou pola dura represión contra a guerrilla. Foi ascendido a xeneral en 1971.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Desempeñou funcións xornalísticas, foi secretario de dirección do Semanario Sipe, redactor da revista Rumbos, e correspondente do diario Pueblo. Publicou en 1953 o seu primeiro libro La nieta del duque. Estableceuse, finalmente, en Barcelona onde deu ao prelo a maior parte da súa obra, entre as que destacan: Los Desgajados (1961), Tribunal de la muerte (1963), Por Europa en Auto Stop (1968), La borrachera de los olvidados (1971), Grandeza y servidumbre de 20 Premios Planeta (1972), Eros Blanco (1976), El Caminante (1991). Co pseudónimo Paul Reader publicou: Exploraciones famosas (1961), Lacras Sociales (1967), Biografía de las pasiones (1967), entre outros. Foi finalista dos Premios Nadal, Ciudad de Barcelona e Elisenda de Moncada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e científica. Estudiou Botánica e Anatomía, adheríndose ás teses de Voltaire, Lavoisier, etc. Entre as súas obras destacan Sobre a amizade (1761), As paixóns (1764), Vida de María de Médicis (1774) e o seu Tratado sobre a putrefacción (1776).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico de arte, historiador, filósofo, poeta e profesor universitario. Colabora en diversas publicacións, na televisión e na radio sobre temas histórico-artísticos. Exerceu como director de diversas coleccións e monográficos de artes plásticas, suplementos culturais, dicionarios, etc. Entre as súas obras destacan: 30 años de arte español (1972), Prieto Nespereira (1973), La pintura en Buenos Aires (1981) e La pintura expresionista en España (1981). Como poeta ten obra publicada en galego e castelán. Dirixiu as Salas de Exposición do Ateneo de Madrid, foi xefe do Servicio Exterior da Dirección Xeral de Turismo, da Sección de Artes Plásticas e Audiovisuais, e da Acción Universitaria da Dirección Xeral de Información. Tamén exerceu como director do Museo Español de Arte Contemporáneo entre 1974 e 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico de arte italiano. Eséxeta da plástica contemporánea, foi presidente da Asociación Internacional de Críticos de Arte e alcalde de Roma. Publicou moitos libros e artigos sobre estética xeral, metodoloxía, urbanismo, etc, así como monografías sobre diversos artistas e a síntese L´arte moderna 1770-1970 (A arte moderna 1770-1970, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina inglesa. Dende 1935 a 1938 foi estrela do Sadler´s Wells Ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO