Amil Serantes, Carlos
Amil Serantes, Carlos
Cineasta. Iniciou a súa relación co cine a finais dos anos sesenta ao se integrar no grupo Imaxe. En 1982 comezou a traballar en VídeoTrama en diversas funcións técnicas. Traballou tamén para Vídeo Voz dende mediados dos oitenta, realizando diversos programas culturais para a TVG. É profesor na Escola de Imaxe e Son da Coruña. A súa primeira longametraxe titúlase Blanca Madison.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña