"Razo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 100.

    1. Acción e efecto de desembarazar ou desembarazarse.

    2. Soltura coa que actúa ou se expresa unha persoa, especialmente en situacións comprometidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dificultade para a realización de algo.

    2. Turbación ou falta de soltura no que se está a realizar.

      1. Estado da muller embarazada que comprende o período que vai dende a implantación do óvulo fecundado ata o parto, en que o embrión se nutre a expensas do organismo materno a través da placenta. A duración media é de 40 semanas, cunha dobre desviación típica de 9 2 semanas, contadas a partir do primeiro día da última menstruación. O embarazo produce un conxunto de modificacións tanto anatómicas como funcionais que afectan a todo o organismo materno e representan a resposta fisiolóxica ás esixencias hemodinámicas, endócrinas e metabólicas do feto. O ovario é máis grande como consecuencia da persistencia do corpo lúteo durante o primeiro trimestre, a trompa de Falopio queda ocluída por un tapón mucoso, o útero aumenta de peso e de capacidade (de 50-65 g a 1.000 g e de 3-5 cc a 4.000-5.000 cc), as fibras musculares do miometrio aumentan en número e tamaño, o endometrio transfórmase nunha mucosa secretora chamada decidua, o colo uterino abrándase e acúrtase de forma progresiva e queda pechado...

      2. embarazo ectópico

        Embarazo en que o embrión se desenvolve fóra da cavidade uterina. Pódense distinguir entre intrauterinos (o intersticial e o cervical) e extrauterinos (o tubárico, o ovárico e o abdominal). A localización máis frecuente é a tubárica. Este tipo de embarazo é inviable e a miúdo require dunha solución cirúrxica.

      3. embarazo eutópico

        Embarazo normal en que o óvulo fecundado está implantado na cavidade uterina.

      4. embarazo falso/espurio

        Estado patolóxico que simula un embarazo e que pode orixinar erros na diagnose. Tamén se denomina pseudo-ciesi.

      5. embarazo nervioso/histérico

        Fenómeno psicosomático caracterizado por un conxunto de signos físicos, como inchazón de ventre e mamas, amenorrea ou náuseas, que evocan un embarazo, pero que se dan nunha paciente que non está realmente embarazada.

      6. proba de embarazo

        Proba inmunolóxica para detectar a presencia da hormona gonadotropina coriónica (HGC) nos ouriños da muller embarazada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dificulta a realización de algo.

    2. Aplícase a unha situación en que non se sabe cómo actuar ou reaccionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe dado cun fungueiro ou cun pao.

    2. Patada que se lle dá a un balón con moita forza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘estacada, fungueirazo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico emitido a finais dos anos setenta do s XX en Madrid por Radio Cadena Española. Dirixido e presentado por Manuel Lombao, incluía entrevistas a autores, músicos, pintores e intelectuais galegos que eran noticia na capital de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da armadura de guerra que cobre e protexe o brazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo fundado na Coruña a comezos de 1934, polo anarquista arxentino de orixe grega, Antonio Fournerakis, o palentino retornado de América, Ildefonso González, e o zapateiro coruñés, Antonio Varela. Integrado na FAI e con grande influencia nas Juventudes Libertarias herculinas, comezou a súa andaina como editor do voceiro anarquista de igual denominación, disolveuse tralo asasinato de Fournerakis e Varela, en xullo de 1937.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada que se emprega en química para sinalar a presenza nunha molécula do grupo bivalente -NH-NH-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido incoloro moi explosivo e velenoso. Empréganse os seus sales de metais pesados, denominados ácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos compostos resultantes da reacción entre un aldehido ou unha cetona e un grupo NH2 da hidrazina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de pintores do s XIX. José de Madrazo Agudo (Santander 1781-Madrid 1859), foi discípulo de Ferro y Acuña en Madrid, de J. L. David en París e de A. Canova en Roma. Foi pintor de cámara de Carlos IV, Fernando VII e Isabel II, director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1838) e do Museo Nacional del Prado (1839). Pintor neoclásico, cultivou o tema histórico, como na obra La Muerte de Viriato. O seu fillo Federico de Madrazo Kuntz (Roma 1815-Madrid 1894) foi discípulo seu en Madrid, de J. A. D. Ingres en París e de J. F. Overbeck en Roma, e pintor de cámara da Raíña Isabel II. O goberno francés encargoulle Godofredo de Boulogne para Versailles. Foi director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1865) e do Museo Nacional del Prado (1860-1881). Luis de Madrazo Kuntz (Madrid 1825-1897), colaborou co seu irmán Federico e foi director da Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Taquígrafo e escritor. Foi taquígrafo do Congreso (1846-1853) e de diversos diarios de Madrid. Publicou Historia militar y política de Zumalacárregui (1844), Glorias de la taquigrafía. Excelencias de la de Martí (1857) e   Impresiones de un viaje a Barcelona (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e escritor. Foi profesor e colaborador dos xornais El Heraldo de Vivero e La Voz de Ortigueira. Das súas obras cómpre salientar Sinopsis morfológica latina (1954), Desahogos del alma (1971), En verso y en prosa: segunda parte de Desahogos del alma (1982) e La mujer en la Biblia: estudo exegético femenino, propio y exclusivo para mujeres (1984). Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue os concellos de Bueu, Cangas, Moaña e parte de Marín e Vilaboa. Está composto por 17 parroquias matrices e 2 filiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Marín a partir do 2 de xaneiro de 1916. Cesou o 1 de outubro dese ano. Editado nos obradoiros tipográficos de Celestino Peón, en Pontevedra, subtitulouse “Semanario de información” e estivo fundado e dirixido por Raimundo Vidal Pazos. De tendencia liberal, foi un xornal preocupado polos problemas locais, e ofreceu información sistematizada dos concellos de Cangas, Bueu, Moaña e Marín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Cangas a partir de marzo-abril de 1991. Subtitulouse “Revista de información xeral” e cesou a súa edición probablemente no mesmo ano. Coordinada por X. Agulla Pizcueta e X. Santos Castroviejo, e deseñada por IDEGA, tentou converterse nun referente da información municipal na comarca do Morrazo. Incluíu disposicións lexislativas sobre vivenda e impostos, e artigos sobre sanidade, turismo, ciencia e tecnoloxía, e deportes.

    VER O DETALLE DO TERMO