Madrazo

Madrazo

Familia de pintores do s XIX. José de Madrazo Agudo (Santander 1781-Madrid 1859), foi discípulo de Ferro y Acuña en Madrid, de J. L. David en París e de A. Canova en Roma. Foi pintor de cámara de Carlos IV, Fernando VII e Isabel II, director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1838) e do Museo Nacional del Prado (1839). Pintor neoclásico, cultivou o tema histórico, como na obra La Muerte de Viriato. O seu fillo Federico de Madrazo Kuntz (Roma 1815-Madrid 1894) foi discípulo seu en Madrid, de J. A. D. Ingres en París e de J. F. Overbeck en Roma, e pintor de cámara da Raíña Isabel II. O goberno francés encargoulle Godofredo de Boulogne para Versailles. Foi director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1865) e do Museo Nacional del Prado (1860-1881). Luis de Madrazo Kuntz (Madrid 1825-1897), colaborou co seu irmán Federico e foi director da Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid. Raimundo de Madrazo Garreta (Roma 1841-Versailles 1920), fillo de Federico, foi retratista da alta sociedade francesa. Ricardo de Madrazo Garreta (Madrid 1852-1917), fillo de Federico, cultivou a pintura anecdótica e o retrato.