"Ricardo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 82.

  • PERSOEIRO

    Poeta boliviano. Máxima figura do modernismo no seu país e amigo de Rubén Darío e Lugones, iniciou un proceso de auténtica renovación poética con Castalia bárbara (1897), verdadeiro laboratorio de experimentación rítmica, e Los sueños son vida (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chileno. Doutorado en Economía pola Duke University, EE UU (1966), e profesor de economía na Universidad de Chile (1957-1972), tralo golpe de estado de 1973 exiliouse e traballou no programa de estudios de Posgrao en Ciencias Sociais da UNESCO (1975-1978). Volveu a Chile en 1978 como responsable do Programa Rexional de Emprego da ONU. Presidiu a Alianza Democrática (1983-1984) e o Comité de Izquierda por Elecciones Libres (1987). Entre 1990 e 1992 foi ministro de Educación no goberno de P. Aylwin Azócar e, posteriormente, de Obras Públicas no de Eduardo Frei. En 1998 renunciou ao cargo e dedicouse á candidatura presidencial. O 16 de xaneiro de 2000 foi elixido presidente de Chile para o período 2000-2006 pola Concertación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou novelas, ensaios e poesía. Entre as súas obras destacan Lira de bronce (1901), Casta de hidalgos (1908), El amor de los amores (1910) e Roja y gualda (1934). Foi membro da Real Academia Española desde 1915.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista, empresario e político. En 1972 presidiu o Banco Central de Honduras (BCH) e coordinou o Gabinete Económico, encargándose de supervisar as medidas de axuste económico pedidas polo Fondo Monetario Internacional. Foi elixido en 1993 deputado ao Parlamento Centroamericano (Parlacén) e nomeado presidente da República de Honduras o 27 de xaneiro de 2002 polo Partido Nacional (PN), substituíndo a Carlos Flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado. Dirixiu o programa Con la Ley en la Mano, emitido por Radio Noroeste e posteriormente por Radio Voz e a asesoría xurídica do R.C. Celta de Vigo, do que foi vicepresidente. Desde 1995 traballou como avogado de Greenpeace en Galicia. Especialista na emigración galega, publicou diversos traballos sobre montes comunais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Doutor en Filosofía, cultivou a poesía en galego e castelán dentro de distintas tendencias poéticas. Preocupado polas cuestións filosóficas, concibe a súa obra como unha forma de coñecer aquilo que non se pode ver a través dun método indutivo e reflicte nela elementos propios da natureza e da paisaxe. Das súas obras destacan Lento esvaece o tempo (1990), Orballo nas camelias (1993), O silencio das árbores (1995) e Compostela, vella memoria (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Anarquista e topógrafo. En 1877 afiliouse ao Partido Republicano Federal (PRDF), asumindo pouco despois a secretaría da sección viguesa. En 1880 fundou o semanario federalista La Propaganda, que representou o seu paso do federalismo ao anarquismo. En 1881 marchou a Madrid ao ser acusado de inxuriar o marqués de Elduayen, e un ano máis tarde asistiu, representando a Federación Local de Vigo, ao II Congreso da Federación de Trabajadores de la Región Española (FTRE) celebrado en Sevilla. Na súa estancia en Madrid coñeceu o fundador da Revista Social, Juan Serrano Oteiza, quen o animou a estudar topografía. As súas colaboracións na devandita revista fixérono coñecido nos medios libertarios e obreiristas, ben pola súa denuncia do episodio de La Mano Negra en Andalucía, ben polo seu posicionamento anarcocolectivista. En 1884 presentouse a un concurso literario en Vigo co ensaio El problema de la emigración en Galicia, co que gañou o Primer Certamen Socialista de Reus....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Autor cunha obra que se enmarca dentro do movemento ultraísta, con temáticas variadas que abarcan desde a paisaxe ata o amor e o relixioso, formou parte do grupo literario xurdido ao redor da revista Martín Fierro e mantivo unha estreita relación cos autores da Xeración do 27, en especial con F. Garía Lorca. Das súas obras destacan El imaginero (1927), Hostería de la rosa y el clavel (1933), Unida noche (1957), Una sombra antigua canta (1966), La escudilla (1973) e Las sombras del pájaro tostado (1975). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Di-rector de orquestra italiano. Formado no Conservatorio de San Pietro de Majella e no de Milán, en 1973 foi elixido director da Philharmonia Orchestra de Londres. De 1980 a 1992 foi o principal director da Philadelphia Orchestra, e desde 1986 ocupouse tamén da dirección musical do Teatro alla Scala de Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Obtivo o título na Universidad de Madrid en 1884. Foi inspector de sanidade en Badajoz e no Páramo durante a epidemia de gripe e varíola de 1918. Fundou un hospital para enfermos mentais en Sarria e escribiu Alucinaciones? (1927), Intrusismo y ejercicio ilegal de la Medicina, Horas de arte médica, Paidología e Tratamientos de niños retrasados entre madre e hija.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, irmán de Alexandre e José Luis Outeiriño. Militou no Partido Galeguista e foi responsable do seu voceiro, o semanario El Heraldo de Galicia. Dirixiu o diario La Región de Ourense, do que foi copropietario xunto co seu irmán Alexandre, entre 1932 e 1968. Escribiu varias comedias e contos na década de 1970, a maioría inéditos, e publicou o libro Cuentos de Orense (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Considerado o autor romántico máis representativo de Perú, a súa obra caracterízase pola presentación de situacións pintorescas tratadas con picardía e sátira. Foi director da Biblioteca Nacional de Lima (1884-1912), da que reconstruíu parte do arquivo, saqueado polos chilenos na guerra. Da súa obra destacan Poesía (1855), Verbos y gerundios (1877), La Bohemia de mi tiempo (1886) e Cachivaches (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Participou na súa mocidade nas actividades políticas e culturais do movemento galeguista da capital arxentina. Cofundador do grupo Alén-Mar (1959), foi elixido secretario da Irmandade Galega (1964) e creou o Centro de Información Galega (1965) para impulsar o uso litúrxico do idioma galego na Igrexa católica. Publicou Pelerinaxe (1965), unha tradución ao galego de Castelao na arte galega (1966), Castelao na voz dos poetas (1970), en colaboración con X. Alonso Montero e Epifanio Ramos; Castelao: prosa do exilio (1976), A emigración galega na Arxentina (1978), a tradución de Vinte poemas galeses: séculos XVII ao XX (1988) e 4 notas sobre Luís Seoane: cun apéndice fotográfico (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Cultivou o óleo e a acuarela. As súas obras son dun estilo figurativo impresionista. Da súa produción destacan O muíño de Irixoa, Pinos da Barca, Peirao do Grove, Costa do Cantábrico, Camiñando por Xermade, Praza do Obradoiro, Ameixeiros con raños e Cantil de Ortegal. Foi socio fundador da Sociedad Artística Ferrolana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi alcalde de Berlanga del Bierzo (1963-1965) e do concello de Ribeira (1975-1978 e 1987-1991), deputado no Parlamento de Galicia por AP (1981-1989), senador pola Coruña na IV lexislatura (1989-1993), deputado na Deputación Provincial da Coruña (1987-1991) e director xeral de Pesca (1983-1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deportista e profesor. Doutor en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e licenciado en Belas Artes. Presidente e profesor do INEF-Galicia, foi adestrador das seleccións de Colombia, Costa Rica e España de voleibol e presidente da Federación Galega de Voleibol. Autor dun Reglamento del minivolei, escribiu Xogos populares en Galicia (1986), en colaboración con Xaquín A. Tabernero Balsa. Recibiu o Premio Nacional de Promoción Deportiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, crítico e ensaísta. Na súa obra preocúpase tanto do suceso narrado como dos feitos políticos e históricos que o rodean. Irrompeu na eido literario do seu país con La invasión (1967, Premio Casa de las Américas), á que seguiron o libro de relatos Nombre falso (1975) e a novela Respiración artificial (1980, Premio Boris Vian). Posteriormente escribiu Ciudad ausente (1992), coa que elaborou os textos dunha ópera homónima (1995), con música de G. Gandini. Coa súa obra Plata quemada (1997) conseguiu o Premio Planeta en Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Impresor e político. Instalado en Ferrol en 1848, comezou a traballar con Nicasio Taxonera. En 1851 estableceuse pola súa conta cunha libraría e cun obradoiro propios, onde editou o xornal El Faro Marítimo (1851) e El Brigantino. Liberal, foi concelleiro en Ferrol e deputado provincial por Betanzos. Nesta época dirixiu na Coruña o xornal La Concordia e encargouse da impresión de diversos libros de texto da Mariña. Posteriormente exerceu os cargos de gobernador civil de Santander, Jaén, Ávila, Segovia e Soria, ata que, coa renuncia de Amadeo de Savoia, regresou a Ferrol para desenvolver novamente o seu labor como impresor e concelleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • iascón, Cotobade 4.11.1920 - Pontevedra 24.3.1992) Gaiteiro. Comezou a tocar moi novo da man do seu pai, Emilio Portela, que tamén era gaiteiro. Con doce anos marchou a Vigo, onde foi perfeccionando a súa técnica co mestre Xosé Oliveira o Moreno. En 1942 roubáronlle a gaita que lle regalara seu pai en 1934 e estivo sen tocar trece anos, ata que coñeceu a Antonio Fernández, que lle cedeu unhas gaitas de ébano que pertenceran a Faustino Santalices. En 1955 emigrou a Venezuela e fundou o grupo de gaitas do Lar Galego de Caracas, que dirixiu ata o seu regreso a Galicia en 1959. En 1968 gravou, xunto co seu irmán Xesús, un disco co grupo Irmáns Portela. Posteriormente, en 1980, gravou Festa en Viascón, que contou coa participación de Xosé V. Ferreirós. Foi un mestre da gaita dotado dunha técnica única, especialmente no sistema do “tocar pechado”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Foi gobernador civil en Alacant e León. De ideais provincialistas dirixiu o periódico afín a esa ideoloxía, El Defensor de Galicia, e o literario El Iris de Galicia. Participou no Álbum de la Caridad coa composición “O gaiteiro da Coruña, aos vencedores de África”. Escribiu diversos dramas (Un juramento cumplido, 1847), comedias (De la mano a la boca, 1870) e zarzuelas (Cuento de hadas, 1875).

    VER O DETALLE DO TERMO