Portela Bouzas, Ricardo Emilio Avelino

Portela Bouzas, Ricardo Emilio Avelino

iascón, Cotobade 4.11.1920 - Pontevedra 24.3.1992) Gaiteiro. Comezou a tocar moi novo da man do seu pai, Emilio Portela, que tamén era gaiteiro. Con doce anos marchou a Vigo, onde foi perfeccionando a súa técnica co mestre Xosé Oliveira o Moreno. En 1942 roubáronlle a gaita que lle regalara seu pai en 1934 e estivo sen tocar trece anos, ata que coñeceu a Antonio Fernández, que lle cedeu unhas gaitas de ébano que pertenceran a Faustino Santalices. En 1955 emigrou a Venezuela e fundou o grupo de gaitas do Lar Galego de Caracas, que dirixiu ata o seu regreso a Galicia en 1959. En 1968 gravou, xunto co seu irmán Xesús, un disco co grupo Irmáns Portela. Posteriormente, en 1980, gravou Festa en Viascón, que contou coa participación de Xosé V. Ferreirós. Foi un mestre da gaita dotado dunha técnica única, especialmente no sistema do “tocar pechado”.

Palabras veciñas

Portela | Portela | Portela | Portela Bouzas, Ricardo Emilio Avelino | Portela Branca | Portela Calderón, Lino | Portela Calvar, Lito