"Rif" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 250.
-
-
Acción e efecto de centrifugar.
-
Procedemento mecánico de separación dos compoñentes dunha mestura, de densidades ou tamaños diferentes, efectuado por medio dunha centrífuga. Emprégase en diversas operacións industriais, como a clarificación, a filtración, a separación de fluídos non miscibles ou decantación forzada, a extracción e a escorredura. É a operación básica dos aparellos para escorrer roupa, industriais ou domésticos. No laboratorio, emprégase principalmente para acelerar a filtración.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de centrifugar.
-
-
Que ou quen centrifuga.
-
centrífuga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Someter algo a unha centrifugación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se afasta ou tende a afastarse do centro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De superficie globulosa e repregada que lembra as circunvolucións do cerebro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce cera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno polo que as células epidérmicas dalgunhas plantas se recobren de filamentos, escamas ou gránulos cerosos que impiden o contacto entre a auga e a epiderme; deste xeito, facilitan que a auga esvare e que non se produzan infeccións provocadas por fungos, bacterias, etc. Nalgunhas plantas, como o carandaí, a produción de cera é tan grande que permite a súa recolección para aplicacións industriais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma semellante a un cirro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode clarificar.
-
-
Acción de clarificar.
-
Proceso industrial de separación das partículas sólidas suspendidas nun líquido co obxecto de aclaralo. Se se deixa un líquido turbio en repouso, as partículas suspendidas, cando son máis densas có medio concéntranse no fondo, de xeito que se pode retirar o líquido claro pola parte superior. A eficacia dun método de clarificación dependerá do valor da velocidade de caída das partículas presentes dentro do líquido. Así, poderase clarificar un líquido por gravidade cando a velocidade sexa elevada, e recorrer á floculación cando as densidades do sólido e do fluído sexan moi semellantes. Cando o líquido é moi viscoso, emprégase a clarificación por centrifugación. Nas industrias alimentarias, clarifícanse as solucións de azucre, viños, cervexa, zumes de froitas, etc, mediante un tratamento con produtos químicos tolerados como aditivos (clara de ovo, xelatina, taninos, bentonitas, terras de infusorios, etc) que, ao mesmo tempo que engloban as partículas en suspensión, fan máis...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de clarificar.
-
-
Que clarifica.
-
Aparello empregado para clarificar un líquido, separando as partículas en suspensión. Distínguense tres tipos: clarificador por gravidade, clarificador centrífugo e clarificador de filtro. Os clarificadores por gravidade, máis usuais, constan dun depósito, polo xeral de grandes dimensións, para conseguir unha produción elevada e están provistos dun dispositivo que remove as lamas e os transporta cara á súa saída. Son adecuados para separar os sólidos lixeiros finamente divididos, como por exemplo os fangos das augas residuais.
-
-
-
Que clarifica.
-
Axentes que se empregan para conseguir a clarificación de líquidos, entre os que se contan a bentonita, a xelatina, a polivinilpirrolidona, o carbón activado, os taninos e as poliamidas. Ás veces, como no caso dos zumes de froitas, empréganse enzimas. Nos viños, é frecuente empregar clara de ovo.
-
-
-
Tornar claro ou facer menos denso e espeso. Ex: Clarificou a crema botándolle un pouco máis de leite.
-
Poñer claro algo confuso e dubidoso. Ex: Antes de presentarse á reelección clarificou a súa postura.
-
Facer algo máis intelixible.
-
Efectuar unha clarificación.
-
Usar técnicas de procesamento dixital da imaxe para corrixir unha imaxe borrosa. Para que sexa posible, debe coñecerse a natureza exacta do aspecto borroso da imaxe, algo que en ocasións se pode deducir da aparencia de calquera obxecto pequeno e brillante da imaxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de culler.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á enfermidade que presenta características semellantes ao cólera, especialmente cando se trata de diarrea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación de cartilaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao tecido animal que sufriu unha condrificación.
-
PERSOEIRO
Editor, político e xornalista. Comezou a súa carreira política como empregado no ministerio de Fomento e como administrador da Beneficencia Provincial. A partir de 1894 exerceu como concelleiro en Lugo, como deputado provincial pola circunscrición de Mondoñedo-Ribadeo e, durante a etapa liberal, como gobernador civil de Albacete. En 1908 regresou a Lugo e fundou, xunto co avogado Fernando Pardo Suárez, o diario El Progreso. Anque o xornal naceu vinculado ao proxecto liberal de Montero Ríos e García Prieto, dentro da súa segunda década de existencia, o seu fundador decidiu darlle un carácter independente en defensa dos intereses da provincia de Lugo. Dende as súas páxinas promoveu o debate político, a cultura e a modernización da cidade. Posteriormente, entre 1909 e 1913, xunto co goberno de Xosé Canalejas, desempeñou o cargo de gobernador civil en Albacete -por segunda vez-, Ciudad Real e Cuenca. Ao seu regreso foi nomeado presidente do Círculo das Artes da cidade lucense e, despois...
VER O DETALLE DO TERMO