"Rita" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 231.

  • Sulfuro complexo de antimonio e chumbo, de fórmula Pb5 Sb4 S11. Cristaliza no sistema rómbico, aínda que está case sempre en masas informes de cor gris e de brillo metálico. Ten dureza 2, 5-3 e peso específico 6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de titanio e uranio, con outros catións que dan unha composición moi complicada e variable. Forma cristais prismáticos rómbicos ou tetragonais. É negro e localízase nas areas auríferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedra triturada que se emprega para construír ou arranxar camiños.

    2. Regueiro ou cano que se utiliza para distribuír a auga nun terreo.

    3. Carreiro que se vai facendo na neve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que os romanos daban a Gran Bretaña. Antes da conquista romana foi ocupada por pobos celtas. Xulio César comezou as expedicións para sometela (55 e 54 a C), pero ata o reinado de Claudio (43 d C) non foi conquistada. Co xeneral de Domiciano, Gneus Xulio Agrícola (70-85 d C), a ocupación romana chegou á súa máxima extensión. O emperador Adriano visitou Britania no 122 e comezou a construción dunha muralla de 117 km desde o golfo de Solway ata a desembocadura do Tyne, no mar de Irlanda, muro que foi destruído polos meatíns e refeito por Antonino Pío (142) máis ao norte, e que separou a Britania romana da bárbara ou Caledonia (agora Escocia). Como provincia romana, no 197 foi dividida en dúas, Britannia inferior ou meridional e Britannia superior ou setentrional. Diocleciano, máis tarde, creou catro (Britannia Prima e Secunda, Flavia Caesariensis e Maxima Caesariensis) e Teodosio engadiu a quinta (Valentiniana). No primeiro cuarto do s V o xeneral Aecio retirou definitivamente as tropas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe formada por un 90% de estaño e un 10% de antimonio, aproximadamente. É un metal branco de laminación, fusión e amoldamento fáciles, e susceptible de ser reducido a filamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago do NL de Europa, entre o mar do Norte e o Océano Atlántico, formado esencialmente polas illas de Gran Bretaña, Irlanda, Man, Wight, Shetland, Hebrides e Orcadas, amais dun gran número de pequenas illas e illotes. Politicamente o arquipélago se repartiu entre o Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda do Norte (Inglaterra, Escocia, País de Gales, Cornualla e Irlanda do Norte) co seu apéndice, a illa de Man, e a República de Irlanda, que comprende a maior parte da illa deste nome. O conxunto das illas abarca máis de 314.339 km2. Os restos humanos máis antigos proceden do xacemento mesoplistocénico de Boxgrove. O Megalitismo tivo un gran desenvolvemento nestas illas, conservándose monumentos funerarios e rituais (Stonehenge) moi representativos deste período. A metalurxia desenvolveuse no II milenio a C, sobre todo coa cultura de Wessex, que mostra influencias continentais. Durante a Idade do Ferro chegaron ás illas os celtas da Tène, que introduciron os campos de urnas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás illas Británicas, a Gran Bretaña, ao Reino Unido, ao Imperio Británico ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante das illas Británicas, de Gran Bretaña ou do Reino Unido.

    3. Cine feito no Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, aínda que a achega inglesa é case exclusiva. Os primeiros avances técnicos (as follas animadas, o biophantascope, o cinematógrafo) fixeron de Inglaterra un dos berces do cine. Pero o verdadeiro fundador do cine británico foi Robert William Paul, autor de The Sea in Dover (O mar en Dover) e Persimmon’s Derby (A carreira de Persimmon). O período inicial defínese polo impulso dado á técnica coa elaboración dunha primeira gramática. Acabada a Primeira Guerra Mundial, a invasión de produtos norteamericanos de comercialización dificilmente superable arruinou a incipiente industria británica. A situación pasou a ser estacionaria ata o 1927, cando foi votada no Parlamento unha lei proteccionista. Pero á situación financeira da época uníuselle o trauma estético e técnico producido pola introdución do son; así no bienio 1931-1932 os únicos filmes dignos de mención foron de Hitchcock ou de Anthony Asquith; no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de territorios coloniais baixo a soberanía británica. Dende o 1917 comezaron a ser denominados Commonwealth, denominación que quedou definitivamente establecida no Estatuto de Westminster do 1931. Na segunda metade do s XVI Inglaterra impulsou as súas expedicións comerciais e durante o s XVII organizou as grandes compañías privilexiadas vangardistas da colonización inglesa en Asia, América do Norte e África. A Navigation Act do 1651, que establecía que as importacións en portos nacionais ou colonias só podían transportarse en naves inglesas dos países produtores, o triunfo whig do 1689 e as disidencias relixiosas do anglicanismo deron un impulso ao proceso colonizador. Pola metade da Guerra de Sucesión hispánica (1701-1714) e da Guerra dos Sete Anos (1756-1763), Gran Bretaña engrandeceu o seu imperio en América, nas Indias Orientais e na África occidental e as súas posibilidades comerciais no ámbito do Imperio Castelán. A revolución norteamericana do 1783 e a presión napoleónica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo do Emperador Claudio e de Mesalina, e presunto herdeiro do Imperio. A segunda muller do emperador, Agripina, fíxoo desherdar en favor de Nerón, fillo do seu primeiro matrimonio. Posteriormente Británico foi envelenado, favorecendo a Nerón coa súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos britanos.

    2. Individuo pertencente ao pobo britano.

    3. Rama britónica dos pobos célticos que, provenientes da Galia, invadiron a illa de Gran Bretaña na segunda metade do s VI a C. Introduciron a cultura da Tène, propia da segunda Idade de Ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar brita nun camiño.

    2. Abrir britas nun terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Travesa da cabezalla do carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio da vertente oriental da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias (e concellos) de Castro de Laza (Laza) e Gabín (Montederramo). Acada os 1.453 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Calahorra ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Calahorra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teluriuro de ouro e prata, de fórmula (Au, Ag)Te2. Cristaliza no sistema monoclínico, é de cor amarela clara ou branca dourada e ten brillo metálico. Atópase en California (distrito de Calaveras) e en Australia (Kalgoorlie). Emprégase como materia prima para a extracción de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de cobre e de ferro, de fórmula CuFeS2. Cristaliza no sistema tetragonal, en masas ou cristais a miúdo deformados e difíciles de identificar. Da cor do bronce ou amarela dourada, ten un brillo metálico. É moi importante para a obtención de cobre e contén ás veces cantidades pequenas de ouro e prata. Ten dureza 3,5-4 e peso específico 4,2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade do granate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Rita Hayworth, a súa carreira, iniciada en 1935, acadou o seu punto culminante con Gilda (1946), ao lado de Glenn Ford. Dende aquela converteuse nun dos mitos eróticos da posguerra. Protagonizou tamén Only Angels Have Wings (Só os anxos teñen ás, 1939), Blood and Sand (Sangue e area, 1941), The Lady from Shanghai (A dama de Xangai, 1947), dirixida por Orson Welles, e Separate tables (Mesas separadas, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización non gobernamental dependente da Igrexa Católica destinada a coordinar as obras de beneficencia. Creada polo Papa Pío XII no ano 1950 a escala internacional, en cada país depende da Conferencia Episcopal, que delega nos bispos para que asuman a dirección nas súas respectivas dioceses. A Cáritas diocesana está representada en cada parroquia pola Cáritas parroquial. En Galicia constituíuse en 1973 baixo a dirección do arcebispado de Santiago. A evolución das súas actividades levouna a unha diversificación que abrangue dende actividades de axuda humanitaria aos máis necesitados ata programas de alfabetización, promoción e asesoramento á inserción laboral de colectivos desfavorecidos, asistencia a minorías e proxectos de desenvolvemento no Terceiro Mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo á caridade.

    2. Aplícase á persoa propensa a sentir caridade ou a facer obras de caridade a prol dos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO