"Rivas" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 48.
-
GALICIA
Debuxante e deseñador gráfico. Influenciado por autores como Yves Chaland, Trondheim ou Mike Mignola, principiou a súa andaina creativa en Atlántico Diario, con guións de Carlos Portela, e en Edicións Xerais de Galicia e Edicións Obradoiro. Creador do personaxe Guinsy, con C. Portela, que publicou en “El País de las Tentaciones”, ambos autores, en colaboración con Fernando Iglesias, realizaron o manga Kami Seeds para Camaleón Ediciones. Ademais participou na serie Xen, para a revista Golfiño, con guións de Kike Benlloch, e colaborou en diversas publicacións como Barsowia, Caña, H2Oil, na versión de Stripburguer para España e, na revista Míster K, xunto con Bernardo Vergara, coa parodia Harry Pórrez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Estudou debuxo e pintura en Bos Aires, formación que compaxinou co deseño gráfico e a fotografía. Traballou como fotógrafo publicitario ata 1975, cando se instalou en Barcelona. A súa obra, que destaca pola súa sobriedade, manifesta o interese polo retrato, as naturezas mortas e a paisaxe. Recibiu o Premio de Artes Plásticas Ciutat de Barcelona (1997) e o Premio Nacional de Fotografía (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado entre os ríos Manzanares e Jarama, dentro da área metropolitana da capital (35.742 h [2001]). A proximidade con Madrid converteuno nunha zona residencial e incrementou a poboación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artesán de gaitas. Aprendeu a tocar o clarinete e a gaita de pequeno e en 1939 montou o seu primeiro obradoiro de gaitas coa axuda do seu pai, para establecerse en Ribeira de Piquín. As súas gaitas destacan pola coidada afinación do ronco respecto do punteiro, que consegue bos resultados coa dixitación pechada, así como polos coidadosos detalles manuais. En 1994 trasladou o seu obradoiro a Cambre.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi un dos membros fundadores da revista Luzes de Galiza. Realizou diversos proxectos en vídeo, centrados sobre todo na obra de Luís Seoane, e participou na organización de exposicións relacionadas co mundo das artes. Colaborador de diversas publicacións como Agália, Grial, A Nosa Terra e La Voz de Galicia, na súa obra poética incluíu diversos símbolos e mitos, e tentou amosar unha visión poética anovadora combinada cunha vinculación á terra. Publicou os poemarios A caluga do paxaro (1979), Os bosques encendidos (1981), Presencias (A saudade do corredor do fondo) (1985), Iniciación e regreso (1985, Premio Cidade da Coruña 1982), O Canto da Terra (1987), Regreso e Advenimento (1990), Eu tamén oín as voces do orvallo (1994), Umbral de Vida (1996, Premio Esquío 1999) e Dársenas do ocaso (2002). Editou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pianista. Discípulo de A. Rubinstein, formouse en Nova York e en 1898 instalouse en Londres, onde foi profesor da Royal Guild-Hall School of Music. Deu concertos con P. Sarasate e acompañou tamén ao violinista E. Ysaye. Participou no Cuarteto Español de Arbós e con este e Rubio formou un trío. Estreou Sinfonía sobre un canto montañés francés e Sinfonía Cénevole de V. D’Indy.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Foi director de El Lucense, El Eco de Galicia e El Norte de Galicia e fundou El Correo de Lugo. Tamén foi vicepresidente da Deputación de Lugo e publicou Cosas íntimas (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantante. Coñecida como Pili Pampín, editou os discos As Palilleiras (1991), Miña Galicia (1992), Canto para ti (1993), Galicia Sempre (1994), Gratitud (1996) ou Noites de festa (1998).
VER O DETALLE DO TERMO