Rivas Villa, Vítor Xosé
Rivas Villa, Vítor Xosé
Debuxante e deseñador gráfico. Influenciado por autores como Yves Chaland, Trondheim ou Mike Mignola, principiou a súa andaina creativa en Atlántico Diario, con guións de Carlos Portela, e en Edicións Xerais de Galicia e Edicións Obradoiro. Creador do personaxe Guinsy, con C. Portela, que publicou en “El País de las Tentaciones”, ambos autores, en colaboración con Fernando Iglesias, realizaron o manga Kami Seeds para Camaleón Ediciones. Ademais participou na serie Xen, para a revista Golfiño, con guións de Kike Benlloch, e colaborou en diversas publicacións como Barsowia, Caña, H2Oil, na versión de Stripburguer para España e, na revista Míster K, xunto con Bernardo Vergara, coa parodia Harry Pórrez.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vigo