"Roi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 288.

  • Xénero de bacterias da familia das bacteroidáceas que forman parte da flora intestinal normal do home e doutros mamíferos, abundantes sobre todo no colon; son Gram-negativas, anaeróbicas e non forman esporas. As especies B. fragilis e B. melaninogenicus son patóxenas para o ser humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador americanista. Catedrático da Universitat de València (1940-1950), pasou despois á cátedra de Historia de América Precolombina de Madrid, onde creou o Seminario de Estudios Americanistas e fundou a Revista española de Antropología Americanista (1961). É autor de numerosas obras científicas e de divulgación, entre as que salientan Historia del mundo antiguo (1941), Historia de la cultura (1946), Historia de América (1947), Historia universal (1946), Historia de España (1960), La idea colonial de Ponce de León (1961) e Sencilla historia de Chinchero (1971). Así mesmo, algúns traballos seus como Francisco Pizarro (1940) e España en los mares (1943), contribuíron a alimentar a retórica imperial do primeiro franquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a barba rubia ou colorada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘pene’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e paleontólogo. Doutor en Ciencias, obtivo a cátedra de Xeoloxía e Mineraloxía na Universidade da súa cidade natal. Foi secretario do Congreso Internacional de Xeoloxía de 1900 e ingresou na Academia das Ciencias de Francia no 1904. Realizou viaxes de investigación por gran parte da Europa Atlántica, publicando memorias sobre as súas expedicións a Inglaterra e Irlanda (1876), As Ardenas (1878), Boulogne (1879), Bretaña (1886), Asturias (1879) e tamén Galicia, sobre a que editou en 1882 Recherche sur les terrains anciens des Asturies et de la Galice (Investigación sobre os terreos antigos de Asturias e de Galicia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Puré de froita diluído en xaropes das mesmas, callado con xelatina, ao que se lle engade crema batida. Pode facerse con amorodos, melocotón, pera, etc. A súa invención atribúeselle a un cafeteiro chamado Procopio, que pretendía agasallar os reis de Francia ao seu paso por Baviera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida quente feita con xema de ovo, azucre, te e leite, e aromatizada con ron.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Torre municipal dotada de gardas que vixiaban os campos contiguos á cidade e que contiña a campá empregada para convocar os cidadáns a asemblea ou advertilos de incendios ou doutros perigos. Acostumaba a ser de planta cadrada e podía presentarse ben illada ou ben coroada por un edificio civil ou relixioso. É característica de Flandres, do Artois, do Hainaut e doutros lugares, especialmente de Francia.

    2. Vero cando ten menos tiras e pezas que de ordinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político francés, vizconde de Bonald. Exiliado durante a revolución, volveu na época do Directorio. Foi ministro de Estado (1822) e par de Francia (1823). Vangardista do pensamento contrarrevolucionario, do lexitimismo e do tradicionalismo filosófico, as súas obras máis importantes son Théorie du pouvoir politique et religieux (Teoría do poder político e relixioso, 1796), Essai analytique sur les lois naturelles de l’ordre social (Ensaio analítico sobre as leis naturais da orde social, 1800) e Démonstration philosophique du principe constitutif de la société (Demostración filosófica do principio constitutivo da sociedade, 1830).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pita ou polo de idade xeralmente inferior a doce semanas e dun peso vivo comprendido entre 1.300 e 1.800 g, obtido cruzando castes especiais de aves de carne. Proporcionan unha carne tenra e de boa calidade. O método para a obtención de broilers, denominado método broiler para a produción de carne, consiste en engordar ao mesmo tempo e no mesmo lugar un gran número de individuos, en lotes uniformes (aves dunha mesma idade, raza, etc), empregando os mesmos niños durante todo o período de engorde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘falar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa de aspecto descoidado ou ridículo.

    2. Vaca vella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos caproídos.

    2. Peixe da familia dos caproídos.

    3. Familia de peixes da orde dos zeiformes, caracterizados por presentar un corpo de forma discoidal, alto e comprimido dorsoventralmente, con algunhas especies case romboidais; a cabeza, non moi grande, presenta unha crista occipital; os ollos son relativamente grandes e a boca pequena e protráctil, formando un tubo curto no xénero Capros. Nas augas atlánticas europeas e galegas aparecen dúas especies, correspondentes a dous xéneros diferentes (os únicos descritos para esta familia): Capros aper e Antigonia capros, esta última moi rara; ambas as dúas miden ata 15 cm e son de cor vermella ou rosada. Son peixes gregarios que viven formando bancos en augas relativamente profundas, dende os 40 ata máis de 600 m; os adultos ocupan as augas profundas, mentres que as crías viven en augas medias, onde se alimentan principalmente de crustáceos. Adoitan pescarse con redes, pero o seu consumo é moi reducido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cotobade baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de castores, que habitaron a actual América do Norte durante o Pleistoceno, ao que pertencen especies extintas que acadaron os 2,3 m de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cabalo de trunfos’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Hainaut, Bélxica, á beira do río Sambre (204.899 h [1997]). É o centro dunha rica conca hulleira e de mineral de ferro que se estende dende Hainaut ata Liexa. Ten a súa orixe no pequeno lugar de Charnoy; en 1666 o marqués de Castel Rodrigo levantou unha fortaleza que recibiu o nome actual en honor de Carlos II o Enfeitizado. No 1668 pasou a Francia, e pola Paz de Nimega (1678-1679) volveu aos Habsburgo hispánicos. No 1794 foi conquistada polos franceses e a partir de 1814 pasou a formar parte dos Países Baixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre Ambroise François Choderlos de Laclos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Val-de-Marne, na Île-de-France, Francia, situada na área suburbana de París, preto do río Sena (34.068 h [1990]). A industria é a súa principal actividade económica. Entre 1680 e 1686 Jacques Gabriel construíu un castelo do que só quedan algunhas dependencias.

    VER O DETALLE DO TERMO