beffroi*

beffroi*
  1. s m [ARQUIT]

    Torre municipal dotada de gardas que vixiaban os campos contiguos á cidade e que contiña a campá empregada para convocar os cidadáns a asemblea ou advertilos de incendios ou doutros perigos. Acostumaba a ser de planta cadrada e podía presentarse ben illada ou ben coroada por un edificio civil ou relixioso. É característica de Flandres, do Artois, do Hainaut e doutros lugares, especialmente de Francia.

  2. s m [HERÁLD]

    Vero cando ten menos tiras e pezas que de ordinario.