begardo -da
begardo -da
-
adx
Relativo ou pertencente aos begardos.
-
s
m
[HIST/RELIX]
Membro dunhas sociedades heréticas fundadas no s XIII, que toman o nome de Roberto le Bègue, predicador de Liexa. Os begardos caracterizábanse por consagrarse a Deus, aceptando o celibato e dedicando a súa vida a obras piadosas sen someterse a ningunha orde nin regras. As súas relacións coa Igrexa institucional durante a Idade Media foron bastante difíciles, pois sempre pesou sobre eles a sospeita de herexía. No s XV moitas destas comunidades xa se tiñan transformado en institucións de caridade. As súas equivalentes femininas eran as beguinas.