"Roo" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 58.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que favorece a oxidación das graxas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de México, situado na península de Yucatán (50.212 km2; 874.963 h [2000]). A súa capital é Chetumal (208.164 h [2000]). Limita ao N co golfo de México, ao L co mar das Antillas, ao S con Belize e ao O cos estados de Yucatán e Campeche. É unha extensa chaira composta por rochas calcarias, cun clima tropical, caloroso e húmido. A súa economía baséase na explotación forestal e a poboación é eminentemente rural. Dominada polos maias, foi descuberta por Juan Díaz de Solís e Vicente Yáñez Pinzón (1595), e explorada por Francisco Hernández de Córdoba (1517). A cidade de Salamanca Bacalar, reconstrución da cidade maia no mesmo lugar (1544), converteuse no principal centro urbano e económico. En 1858 caeu baixo o dominio dos indios e en 1901 obtivo o estatuto de federal e o seu nome actual.
-
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Outes. Foi construída entre 1751 e 1756 en estilo barroco. Ten planta de cruz latina e cuberta a dúas augas. Os muros son de cantaría, decorados con placas, molduras e pináculos. A sancristía colocouse anexada ao testeiro. Destaca o frontón triangular da fachada e as dúas torres cupuladas dun só corpo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Gauteng situada na área suburbana de Johannesburgo, República Sudáfricana (162.632 h [1991]). Establecida nun campo de explotación aurífera, creceu por absorción doutros centros mineiros, como Maraisgburg.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Almirante e político británico. Participou na guerra contra Irlanda (1692) e en 1702 na Guerra de Sucesión Española. Ao frente das escuadras inglesa e holandesa, enfrontouse e venceu na Batalla de Rande (1702) á frota española e apoderouse do cargamento de ouro co que esta acababa de chegar de América. Fracasou no intento de tomar Barcelona (1704) e conquistou Xibraltar (1704), que pasou a soberanía británica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal e político prusiano, conde de Roon. Desde o Ministerio de Guerra (1859-1873) e da Mariña (1861-1871) reformou o exército e o servizo militar. En 1873 substituíu a Bismarck no cargo de presidente do consello.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Joe Yule.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Brabante Setentrional, Países Baixos, preto da fronteira belga (61.354 h [estim 1992]). É un centro industrial con fábricas de mobles, cepillos, papel e artigos de goma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. De orixe holandesa, estudou dereito en Harvard e casou cunha sobriña do presidente Theodore Roosevelt. Membro do Democratic Party, foi senador do estado de New York (1910-1913) e secretario adxunto de Mariña (1913-1920). Gobernador do estado de New York (1929-1932) afrontou a depresión de 1929 con medidas intervencionistas. Elixido presidente de Estados Unidos (1932), foi reelixido ininterrompidamente ata a súa morte. Impulsou a reactivación da economía estadounidense mediante un programa lexislativo de control e intervención na economía do país, que se coñeceu co nome de New Deal. Ao desencadearse a Segunda Guerra Mundial mantivo inicialmente a neutralidade de EE UU, pero a entrada na guerra, provocada polo ataque xaponés a Pearl Harbor, comportou un aumento da súa actividade, especialmente no campo diplomático.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Republican Party, foi deputado na Cámara de Representantes do estado de New York (1882-1884). Gobernador do estado de New York (1898) e vicepresidente con W. McKinley (1900), foi presidente de Estados Unidos ao ser asasinado McKinley por un anarquista (1901) e foi reelixido en 1904. Impulsou unha política económica contraria aos intereses dos grandes monopolios e favoreceu a conservación e a explotación das riquezas naturais. En política exterior, favoreceu o intervencionismo e creou a zona americana do canal de Panamá. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi membro do Republican Party e ministro de Defensa (1899-1903) con W. McKinley, e de Asuntos Exteriores (1905-1909) con Franklin D. Roosevelt. Defendeu unha política de portas abertas cara a China e participou na creación do Tribunal Permanente de Xustiza Internacional. Presidiu a Fundación Carnegie para a Paz Internacional. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político inglés. Xefe dos liberais nacionais do goberno de Mac Donald, foi ministro do Foreign Office (1931-1935). Partidario dun entendemento pacífico con Hitler, secundou a política de non-intervención na Guerra Civil Española. Foi ministro de Interior, chanceler do exchequer (1937-1940) e lord chanceler (1940-1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médica. Ideou un método de tratamento da tetraloxía de Fallot, xunto con A. Blalock, que se coñece como operación de Blalock-Taussig.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Fixo estudos sobre capilaridade, proxectís, perspectiva, oscilacións, logaritmos e fluídos, dos que destaca a fórmula para o desenvolvemento en serie de funcións mediante diferenzas finitas (teorema de Taylor).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte do SO de Chipre, situado no NL de Mandria que constitúe a altitude máxima da illa (1.953 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Primeiro arquitecto de A. Hitler, con diversos elementos da escola vienesa e da antiga Grecia, determinou o neoclasicismo nacionalsocialista do III Reich. Realizou, en Múnic, a Haus der Deutschen Kunst e organizou a Königsplatz.
VER O DETALLE DO TERMO