Roosevelt, Theodore

Roosevelt, Theodore

Político. Membro do Republican Party, foi deputado na Cámara de Representantes do estado de New York (1882-1884). Gobernador do estado de New York (1898) e vicepresidente con W. McKinley (1900), foi presidente de Estados Unidos ao ser asasinado McKinley por un anarquista (1901) e foi reelixido en 1904. Impulsou unha política económica contraria aos intereses dos grandes monopolios e favoreceu a conservación e a explotación das riquezas naturais. En política exterior, favoreceu o intervencionismo e creou a zona americana do canal de Panamá. Recibiu o Premio Nobel da Paz (1906).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nova York

  • Deceso

    Lugar : Oyster Bay, New York