Quintana Roo

Quintana Roo

Estado de México, situado na península de Yucatán (50.212 km2; 874.963 h [2000]). A súa capital é Chetumal (208.164 h [2000]). Limita ao N co golfo de México, ao L co mar das Antillas, ao S con Belize e ao O cos estados de Yucatán e Campeche. É unha extensa chaira composta por rochas calcarias, cun clima tropical, caloroso e húmido. A súa economía baséase na explotación forestal e a poboación é eminentemente rural. Dominada polos maias, foi descuberta por Juan Díaz de Solís e Vicente Yáñez Pinzón (1595), e explorada por Francisco Hernández de Córdoba (1517). A cidade de Salamanca Bacalar, reconstrución da cidade maia no mesmo lugar (1544), converteuse no principal centro urbano e económico. En 1858 caeu baixo o dominio dos indios e en 1901 obtivo o estatuto de federal e o seu nome actual.