Quintana, praza da
Quintana, praza da
Praza situada en Santiago de Compostela que pecha a catedral polo leste, á que dan a ábsida, a Porta Santa e a torre do reloxo. Foi urbanizada por Xácome Fernández (1611-1616), quen construíu unha escaleira para unir os dous niveis: o superior ou Quintana de Vivos, e o inferior ou Quintana de Mortos, xa que en orixe era un cemiterio. Está pechada polo L polo muro do convento de San Paio de Antealtares, polo N pola casa da Parra e polo S pola casa da Conga.