Quintana Ochaita, Manuel Felipe
Arquitecto. Titulado pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1869), en 1886 instalouse en Vigo, onde foi arquitecto municipal ata 1894. Desde este posto realizou un proxecto para a aduana, que non se realizou, e a rehabilitación do antigo cárcere e pazo de xustiza. Rematou tamén as obras do mercado do Progreso que iniciara B. Gómez Román. Os seus proxectos caracterizáronse polo eclecticismo historicista e pola escolla do estilo segundo a función do edificio, empregando o neogótico nas obras relixiosas. Das súas obras destacan a actual sede da Fundación Caixa Galicia (1891), a casa de M. Núñez Berdiales (1890), a casa de Estanislao Durán (1901), a igrexa de Santiago de Vigo (1891-1907) e a igrexa e o asilo das Irmás dos Anciáns Desemparados (1892-1910). Como arquitecto da diocese de Tui, realizou a igrexa de Santa María de Porriño (1907-1913).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Deceso
Lugar : Vigo