"Sánchez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 140.
-
GALICIA
Inspector de educación. Foi secretario de Inspección do Distrito Universitario de Santiago de Compostela, delegado de Educación en Lugo e director xeral de Ensino Medio da Xunta de Galicia, posto desde o que coordinou a aplicación da LOXSE en Galicia. Director do Instituto Nacional de Calidad de la Educación (INCE) en Madrid, participou na edición do Plan de Aplicación de Novas Tecnoloxías na Educación en Galicia (PANTEG, 1992) e escribiu o artigo “Os temas ossiánicos na poesía de Ramón Cabanillas” (1976), publicado en Grial.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista. Xogou no Pontevedra Athetic, Vigo Sporting, R. C. Celta de Vigo e R. C. Deportivo de La Coruña. Foi catro veces internacional e formou parte da selección española que gañou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Anveres (1920). Retirouse en 1931. Recibiu a Medalla al Mérito Deportivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Foi deputado no Parlamento de Galicia na II lexislatura (1985-1989) por Coalición Galega (CG), voceiro de UCD na Comisión do Estatuto dos 16 e conselleiro de Sanidade (1987-1990). Foi vicepresidente de CG e presidente da Unión Comercial Empresarial Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director teatral. Fundador e director do Teatre Lliure de Barcelona, dirixiu o Centro Dramático Nacional de Madrid (1983-1989) e o Théâtre de l’Odéon-Théâtre de l’Europe de París (1990-1996). Das obras que levou a escena destacan Antígona (1968), El público (1987), Tot esperant Godot (1999, Premio Max ao mellor director de escena) e o espectáculo de danza Mariana Pineda (2003, Premio Nacional de Danza). Foi nomeado cabaleiro da Orde das Artes e as Letras (1985), e recibiu o Premio Nacional de Teatro (1984 e 1990) e a Légion d’Honneur (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Catedrático de Lingua e Literatura Galega, doutourouse en Filoloxía Hispánica e licenciouse en Filosofía e Filoloxía Galego-portuguesa. Comezou na poesía participando co grupo Alén (1977), actividade que alternou coa crítica literaria e o traballo xornalístico en El Ideal Gallego e La Voz de Galicia. Colaborador habitual da prensa galega e director do suplemento de Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, coordinou o suplemento cultural “Galicia Literaria” de Diario 16 de Galicia e foi director da colección Biblioteca das Letras Galegas. Especializado na obra de autores de vangarda, no terreo do ensaio e a edición de textos publicou A poesía de Manuel Antonio nas literaturas galegas de vangarda (1979), Manual de galego urxente (1987) e Galego século XXI (2004), en colaboración con M. Rosales; Eduardo Blanco-Amor: sempre en Auria (1993), en colaboración con varios autores; A literatura galega medieval...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Coñecida como Baley, formouse no taller de Alberto Castro Couso e Ana Matilde Martínez Pasarín. A súa obra, expresionista e con matices de neofiguración, contou cun dominio da luz que enriqueceu a variedade cromática dos seus lenzos. Está considerada a herdeira da tradición dos bodegóns do s XVII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo e deseñador gráfico. Coñecido como América Sánchez, instalouse en Barcelona en 1965, onde ten deseñado a imaxe de diversas empresas e institucións, como os logos de Barcelona’92, o Teatre Nacional de Catalunya ou os sinais identificativos do Fórum de las Culturas de Barcelona (2004). Autor do mural Barcelona Gráfica (2001), a súa creación artística está preferentemente constituída por fotomontaxes de carácter irónico. Recibiu o Premio Nacional de Diseño de España (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Coñecido como Manuel Antonio, foi o máximo representante do movemento vangardista en Galicia, xa que soubo conxugar o espírito das diferentes correntes vangardistas europeas e hispanoamericanas co pensamento da sociedade galega da época. Aos catro anos, por mor da tuberculose e da morte de seu pai, trasladouse a Padrón, á casa da súa avoa e dun dos seus tíos, sochantre na colexiata de Iria Flavia, onde recibiu unha formación fundamentalmente católica, que deu paso a unha incipiente xermanofilia e o interese polo carlismo. Malia que a intención da familia era que continuase a súa formación católica, aos trece anos decidiu marchar a Santiago de Compostela, onde principiou os seus estudos de bacharel. Foi aquí onde comezou o seu compromiso co galeguismo e o republicanismo, particularmente tras o seu ingreso no Centro Republicano de Santiago. Por eses anos mantivo correspondencia co seu curmán Roxelio, quen máis o animou a escribir, e con outros políticos e intelectuais galeguistas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de golf. Foi campión de España en oito ocasións, gañou a copa do mundo por equipos en 1976 e 1982 formando parella con S. Ballesteros e J. Mª Cañizares, respectivamente; o campionato do mundo individual en 1982, o Open Británico (1977), o Open de Suíza (1981), o Open de Italia (1985), e a Ryder Cup (1985) como membro do equipo europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista, pai de Leandro Pita Romero. Foi o fundador, principal promotor e presidente da Federación Agraria de Ortigueira (1920-1926). Contribuíu a divulgar a obra socio-educativa das Sociedades Gallegas de Instrución establecidas en América e fundou e presidiu a Agrupación Cultural de Ortigueira (1916). Publicou El batallón literario (1895) e La voz de la Raza. Idearium de un aldeano (1919). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Adaptador de guións cinematográficos, activista e teórico político, pertenceu á xeración inmediatamente posterior á da Revolución Mexicana. É autor de El luto humano (1943), En un valle de lágrimas (1956) e El apando (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e xurista. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, ingresou no corpo xurídico militar, foi auditor xeral do exército, fiscal do Consello Superior de Guerra e Mariña e gobernador civil de Huelva e Valladolid. Colaborador de diversos periódicos, foi autor da tradución Historias conmovedoras (1881) e escribiu, xunto a Fausto Manzaneque Montes, Comentarios a la ley de enjuiciamiento militar y formularios completos arreglados a la misma.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestra e escritora. Colaboradora de La Ilustración Gallega, El Eco Franciscano e El Compostelano, escribiu o poemario Ráfagas (1908), en que incluíu composicións premiadas en diversos certames literarios de 1907 e 1908, e que tratan temas místicos e patrióticos. Ademais, é autora do drama teatral Lonxe da aldea (1914) e do monólogo A pantasma (1916). Pertenceu á Academia de Buenas Letras de Málaga.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo e político. Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, ingresou na UPG en 1971, da que foi secretario xeral ata que a formación se integrou no BNG. Foi membro da comisión permanente e do consello nacional do BNG e deputado no Parlamento de Galicia (1993-1997) e no Congreso desde 1996. Cultivou a crítica literaria e o ensaio, e colaborou en diversas publicacións, como A Nosa Terra e Diario 16 de Galicia. Das súas obras destacan A evolución ideolóxica de M. Curros Enríquez (1973), Conflito lingüístico e ideloxía na Galiza (1976), Problemática nacional e colonialismo (1978), en colaboración con Ramón López-Suevos; Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988, Premio da Crítica Galega), Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación (1990) e Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Toureiro. Coñecido como Manolete, tomou a alternativa en Sevilla en 1939. Considerado pola afección e pola crítica como unha das maiores figuras do toureo en España, morreu na praza de Linares, despois dunha collida.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anarcosindicalista. De orixe galega, pertenceu á Federación de Obreros del Calzado da Federación Obrera Regional Argentina (FORA) desde 1913 e, en 1925, comezou a traballar de condutor e incorporouse á Unión de Chauffeurs, colectivo en que ocupou cargos directivos en diversas ocasións. Deportado en 1930, viviu en Vigo ata que regresou clandestinamente a Arxentina. Deportado novamente en 1936, chegou a Barcelona, onde se adscribiu á Sección Defensa do Comité Nacional da CNT. Ao rematar a guerra, pasou a Francia. En 1945 elixírono tesoureiro do Comité Nacional do Movimiento Libertario Español-CNT. Retornou a Arxentina en 1946 onde continuou vinculado á Unión de Chauffeurs, e ocupou a secretaría do consello federal da FORA (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Evolucionou desde a pintura realista cara á mural, en que se perciben as influencias do seu mestre Vázquez Díaz. Das súas obras destacan os murais do convento do Sagrado Corazón de Madrid e do mosteiro de Samos e Peixeiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Lingüista. Licenciado en filoloxía románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1969) e doutor pola mesma Universidade (1972), cunha tese sobre as construcións perifrásticas verbais en galego contemporáneo, é catedrático de Lingua Castelá da Universidade de Santiago de Compostela (1981). Ocupou os cargos de vicerreitor e decano da facultade de Filoloxía desta universidade. Foi coordinador da área de estudos lingüísticos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde dirixiu diversos proxectos de investigación como o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) ou Tradución Automática Español-Galego. Tamén dirixiu o Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1990-1994). Membro da Real Academia Española (2001) e secretario (2003), exerce como coordinador executivo do Corpus de Referencia del Español Actual (CREA) e do Corpus Diacrónico del Español (CORDE) e como investigador principal do Corpus del español sintácticamente anotado (2001-2004). Publicou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo, pai de Vítor Said Armesto. Estudou maxisterio na Escuela Central de Madrid e foi profesor na Escola Normal de Pontevedra. Dirixiu a Escola Normal de Mestras da que dimitiu en 1869. Participou activamente no movemento revolucionario que levou ao derrocamento de Isabel II en setembro de 1868. En Pontevedra colaborou coas empresas periodísticas de Indalecio Armesto e formou parte da redacción dos periódicos El Derecho, La Reforma, La Crónica, La República e La Voz del Pueblo, da que chegou a ser director. Colaborou coa ILE e promoveu os novos métodos pedagóxicos en Galicia. Os seus discípulos, Enrique García e Manuel Martínez, puxeron en marcha unha escola Fröbel en Pontevedra, na Casa do Barón. Participou no Congreso Nacional Pedagógico de 1882 e escribiu numerosos e innovadores programas educativos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor e produtor musical. Coñecido como Víctor Manuel, fundou a produtora Ion Música (1987), coa que editou diversos discos en solitario e coa súa muller, a cantante Ana Belén. Da súa discografía destacan Víctor Manuel (1969), Soy un corazón tendido al sol (1979), Mucho más que dos (1993), El Hijo del Ferroviario (2001), Dos en la carretera (2002) e El perro del garaje (2004).
VER O DETALLE DO TERMO