"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Poeta sueco de formación autodidacta. En 1914 comezou a publicar as súas poesías. Foi o iniciador da literatura “proletaria” no seu país. Coa súa obra, mestura de tintes sociais cunha especie de fe relixiosa, acadou decontado unha gran popularidade. Salienta Kolvaktarens visor (‘Cancións do carboneiro’, 1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz de teatro e cine sueca de vigorosa personalidade. Deuna a coñecer Ingmar Bergman, en 1952, co filme Sommaren med Monika (‘Verán con Mónica’).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político húngaro, conde de Andrássy. Membro da dieta maxiar (1861) e vicepresidente da cámara de deputados (1865), interveu no compromiso constitucional austro-húngaro (1867) e foi Primeiro Ministro (1871-1879) do imperio austro-húngaro. Durante a guerra franco-prusiana (1870-71) representou o Imperio nas reunións da Liga dos Tres Emperadores (1872) e estendeu a alianza a Italia (1875). Foi un dos promotores do Congreso de Berlín (1878), onde obtivo para Austria o dereito para ocupar Bosnia e Hercegovina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político maxiar, conde de Andrássy, fillo de Gyula Andrássy. Ao rematar a Primeira Guerra Mundial negociou a paz por separado con Italia (1918). Foi deputado da Asemblea Nacional (1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Creador do navegador Mosaic (1993) xunto cun grupo de compañeiros da Universidade de Illinois, nos EE UU. Poucos meses despois converteuse nun dos fundadores da compañía Netscape, que produce un dos dous navegadores máis populares para a Internet, o Netscape Navigator.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor neerlandés. Representou o Realismo e evolucionou cara ao Expresionismo. Ao redor do ano 1945 fixo monumentos dedicados á resistencia dos Países Baixos ante a invasión alemá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Discípulo de Picinni. Actuou nos teatros máis importantes de Europa e en Roma exerceu de mestre de capela en San Xoán de Letrán (1792-1797). Escribiu máis de setenta óperas entre as que destacan La finta giardianera e Didone abbandonata.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora retratista italiana. Na Corte de Filipe II (1559), recibiu influencias da escola española.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anexión de Austria ao Terceiro Reich alemán (13.3.1938). A unión fora proposta por primeira vez polo Partido Socialista Austríaco ao final da Primeira Guerra Mundial. A ascensión de Hitler ao poder en Alemaña fortaleceu as milicias fascistas austríacas de Seyss-Inquart, partidarias da anexión, sobre todo despois do esmagamento dos socialistas en febreiro de 1934. En marzo de 1938 as tropas alemanas invaden Austria e proclámase a anexión, ratificada en abril por plebiscito.
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Autor da cúpula múltipla de San Gaudenzio, en Novara (1841-1881) e da Mole Antonelliana de Turín (1863 -1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano, fillo de escultor. Probablemente, foi discípulo de Colantonio en Nápoles -non en Flandres como adoita dicirse-, onde entrou en contacto coa pintura da Escola Flamenca, da que asimilou a técnica da pintura ao óleo, que logo difundiu por Italia; a preferencia pola perspectiva lineal, as composicións verticais e a sobrevaloración do detalle (Políptico de San Gregorio do Museo de Messina).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas mariñas da familia das deleseriáceas, de talo vermello, acintado, de menos de 1 cm de largo e 10 cm de longo, netamente nerviadas, de ápice arredondado, fixado ao substrato mediante un disco. En lugares de escasa iluminación da costa galega aparece A. ruscifolium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indicación que se adoita colocar enriba do pentagrama e que avisa da conveniencia de realizar unha interpretación apaixonada dun fragmento dunha obra musical.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plano onde se estableceu un sistema de coordenadas cartesianas e no que se representa cada número complexo a + bi por medio do punto de coordenadas (a, b). Nesta representación todos os puntos que teñen unha ou dúas coordenadas infinitas son considerados como un mesmo punto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tell de Gremnos.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico, xornalista e crítico. É autor de numerosos melodramas que tiveron grande éxito entre o gran público. Lanzou ás pantallas a actores como James Mason, Stewart Granger e Margaret Lockwood. A partir de 1955 dedicouse á televisión. Dirixiu, entre outras: The night has eyes (A noite ten ollos, 1942), Love story (Historia de amor, 1944), Idol of Paris (Ídolo de París, 1948), See how they run (Olla como corren, 1955) e Miss Tulip stays the night (A señorita Tulip detén a noite, 1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Circunscrición administrativa de segunda orde de Francia e Bélxica. É máis pequena ca o departamento ou provincia, pero máis extensa ca o cantón.
-
En Francia, circunscrición administrativa dunha cidade.
-
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro electrónico italiano. Estudiou en Turín e foi catedrático de radiotelegrafía e consultor científico da Mariña italiana, á cal dedicou os seus inventos. Ocupouse da dirixibilidade das ondas radioeléctricas. En 1907, patentou o radiogoniómetro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Ārsī.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo pertencente a un dos grupos galla máis importantes de Etiopia (1 millón de individuos, aproximadamente) que vive na provincia de Arsi, situada ao S de Addis Abeba, na zona dos lagos. Esténdese cara ao L polas montañas comprendidas entre o río Awash, ao N, e o curso alto do Shebele, ao S. Os arussi son principalmente agricultores e gandeiros de relixión musulmana.