Arliss, Leslie Andrews

Arliss, Leslie Andrews

Realizador cinematográfico, xornalista e crítico. É autor de numerosos melodramas que tiveron grande éxito entre o gran público. Lanzou ás pantallas a actores como James Mason, Stewart Granger e Margaret Lockwood. A partir de 1955 dedicouse á televisión. Dirixiu, entre outras: The night has eyes (A noite ten ollos, 1942), Love story (Historia de amor, 1944), Idol of Paris (Ídolo de París, 1948), See how they run (Olla como corren, 1955) e Miss Tulip stays the night (A señorita Tulip detén a noite, 1955).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Gran Bretaña

  • Deceso