"Saa" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 88.
-
PERSOEIRO
Político nicaraguano. Membro de diversos movementos clandestinos de resistencia contra o réxime de Anastasio Somoza, co triunfo sandinista de 1979 foi nomeado membro da xunta do goberno revolucionario. Foi elixido presidente da República de Nicaragua en 1984. As guerrillas, o embargo económico de EE UU e a inflación crecente foron a causa da súa derrota nas eleccións de febreiro de 1990, que concederon a presidencia do país a Violeta Chamorro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e escritor. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas publicacións como Cuadernos Hispanoamericanos, Faro de España, La Nación, Nueva Estafeta e El Pueblo Gallego. Foi membro do Instituto Español Sanmartiniano-Madrid, da Academia Sanmartiniana de Bos Aires e da Academia Porteña del Lunfardo en Arxentina. Autor dunha extensa obra, a maior parte dela editada polo propio autor, dos seus títulos destacan Presencia de Rosalía (1975), O sorriso de Gardel (1988, Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor 1987), Vuelo sonoro (1990), os libros de relatos Marisma pacífica (1991) e Reloxo de sol (1992); o libro de poemas Oración do náufrago (1991); o drama El elegido (1992); ; A luz do tempo (1994), El cóndor de los Andes (1996) e A la memoria de un ángel (2000). Recibiu o Premio Quiñones de León (1967) e o Premio Nacional...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagogo. Profesor (1980) de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, as súas liñas de investigación centráronse fundamentalmente na dimensión educativa e cultural da emigración transoceánica e continental (ss XVII-XXI), na educación popular na Galicia rural, no museísmo pedagóxico, e na historia e actualidade da educación en Galicia. Foi membro da sección de cultura galega no exterior do Consello da Cultura Galega (1993-1999) e do consello científico do Centro Ramón Piñeiro (1999-2001). Vén formando parte da comisión técnica do Arquivo da Emigración Galega (1993-1999 e 2000-2005), dirixiu o proxecto MUPEGA e colaborou na recuperación do patrimonio bibliográfico, hemerográfico e documental galego en América. Desde 2001 exerce como coordinador científico do MUPEGA. Presidiu o Primeiro Foro Ibérico de Museísmo Pedagóxico (2001), onde se aprobaron as “Bases para unha Rede Ibérica de Museísmo Pedagóxico”. Cofundador (1995) da revista Estudios Migratorios, das...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e inventor. Ingresou no Colegio Naval de Cádiz, onde acadou o grao de alférez (1872). Como oficial serviu en Cuba e Filipinas, e participou no saqueo naval de Bermeo, durante a Terceira Guerra Carlista. Foi profesor de física e química na Escuela de Ampliación de Estudios de Marina en Cádiz. Interesado pola navegación submarina, continuou os estudos de N. Monturiol e inventou un submarino propulsado electricamente (1885). Aínda que as autoridades españolas non o axudaron, non permitiu que o seu invento se desenvolvese no estranxeiro. Tamén inventou, entre outros, un proxector luminoso, un acumulador eléctrico, un varadoiro de torpedeiros ou unha metralladora eléctrica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico e visual. Formouse no Centre Genevois de Gravure (1985-1989). Integrante da Comisión Técnica do Foro da Cultura Galega, foi director artístico dos programas audiovisuais Sitio Distinto e Galeguidade, e codirixiu o programa radiofónico O enemigo dentro. O seu traballo está influído por pintores como J. Miró ou V. Kandinskij e escritores como A. Rimbaud ou I. Calvino. A súa obra gráfica acadou un estilo a base de emulsións cromáticas suaves, que reúne historias íntimas ou imaxinarias. Realizou varias escenografías para obras de teatro. Da súa produción destacan Umbra (1990), Hacedor (1990) e a serie Labirintos e Esbirros.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e escritor. Licenciouse en Teoloxía Fundamental e Dereito Canónico, e diplomouse en Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria. Ordenado sacerdote en 1955, ingresou no corpo eclesiástico do exército e acadou o grao de capelán coronel. Foi colaborador do CSIC e publicou Cancioneiro da Terra Chá (1980), en que recolle cancións populares da súa terra natal; Cancións galegas. Literatura popular (1989), onde inclúe cantigas, refráns e xogos; O escudo do concello de Pol (1985), Heráldica de Pantón (1998) e Pantón: historia e fidalguía (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Vilar de Santos, no concello homónimo. O seu cumio acada os 669 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra do Brollón baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome da parroquia de Vilar de Santos ata 1920, situada no concello de Vilar de Santos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe galega que trae por armas, escudo axadrezado de prata e azul, de quince pezas (3x5). Outro trae, en campo de prata, unha aguia bicéfala, de sable, surmontada dunha coroa do mesmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sadurnín (Cenlle). Ten planta en forma de U. Polas dúas ás do patio atópase unha solaina á que se accede por unha escaleira exterior situada nun extremo. Na parte posterior hai outra solaina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cedrón (Láncara). Segundo unha inscrición, construíuse en 1734. De planta cadrada e de grandes dimensións, destaca a fachada cunha porta arquitrabada sobre a que se sitúa o escudo. Destaca o patio interior sobre arcos de medio punto. Conserva unha capela anexa de planta rectangular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa sueca dedicada á fabricación de avións, automóbiles e camións. Fundouse en 1937 co nome de Svenska Aeroplan AB (SAAB), e só fabricaba motores de aviación. En 1947 comezou a produción de automóbiles. En 1969 fusionouse Saab AB con Scania-Vabis AB (fabricante de camións, autobuses e motores diésel) e formouse o grupo Saab-Scania AB. En 1989 General Motors (GM) mercou o 50% do negocio pasando a chamarse Saab Automobile AB, e en 2000 transferiuse a propiedade total ao Grupo GM.
-
RIOS
Río situado en Turinxia, Alemaña, afluente pola esquerda do Elba (427 km). Nace en Fichtelgebirge, e deu nome á glaciación de Saale.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia do concello de Lugo, baixo a advoación de Santiago, que en 1890 foi absorbida pola cidade e parroquia de Lugo.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Lugo. A construción primitiva está moi reformada. De planta rectangular, ten unha soa nave, cuberta a dúas augas con lousa, capela maior, á que se accede por un arco triunfal de medio punto, e sancristía pegada, cuberta a catro augas. No seu interior atopáronse relevos suevos ou visigodos. A fachada é neoclásica cunha espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
2lapón.
-
RIOS
Río de Suíza que nace no SL dos Alpes Berneses e desemboca pola esquerda, no Aare, máis abaixo de Berna, tras 129 km de percorrido.
VER O DETALLE DO TERMO