"Sale" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 68.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Oregon, EE UU (136.924 h [2000]). Situada na ribeira do Willamette, no centro do val homónimo, ten industria papeleira, téxtil e alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, unha montaña de sinople, en que hai unha cova da que sae un oso de sable; bordo de azul, cargado de oito aspas de ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
Península situada no SL de Italia que constitúe o extremo meridional de Puglia, e que se estende entre o golfo de Tarento e os mares Adriático e Xónico (5.800 km2). Comprende a provincia de Lecce e parte das de Tarento e Brindisi. A actividade agrícola, de cultivos de oliveiras, vides e cítricos é a riqueza principal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Salerno ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Salerno.
-
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Campania, Italia (144.078 h [2001]). Está situada preto do pequeno río Irno, no centro do arco que forma a costa do golfo de Salerno. Colonia romana (Salernum) fundada no ager picentinus (197 a C), pasou ao dominio de Odoacro (s V) e foi conquistada polos bizantinos de Belisario (540?). Integrada no ducado longobardo de Benevento (646), converteuse en capital do principado de Salerno (847-1077) e do ducado normando de Pulla-Calabria (1077-1127). Enfeudada sucesivamente polos Colonna, Orsini e Sanseverino, pasou a formar parte do Reino de Nápoles (1550) e, finalmente, de Italia (1860). A escola de Salerno (ss IX-XIX) foi a escola médica máis antiga de Europa, fundada probablemente por frades de Montecassino (s IX), onde destacaron os mestres Guarimpot (s X) ou Constantino o Africano (ss XII-XIII). A obra colectiva máis destacada é Flos sanitatis ou Flos medicinae Salerni, cheo de aforismos médicos. Do seu patrimonio cultural destaca...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Campania, Italia (4.922 km2; 1.075.451 h [2001]). A súa capital é Salerno.
-
GOLFOS
Golfo de Italia, situado no Mar Tirreno, entre punta Campanella, ao N, e punta Licosa, ao S, separado do golfo de Nápoles pola península de Sorrento.
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio italiano que se estendía ata Tarento, a parte costeira da actual provincia de Salerno e boa parte da chaira de Campania. Foi separado do principado de Benevento en 847 e converteuse nun principado longobardo independente. No s XI comprendía case toda a Italia meridional despois de someter os ducados de Amalfi, Sorrento e Gaeta e o principado de Capua, e foi reducido a vasalaxe aos condes normandos de Pulla-Calabria. Como título feudal foi posuído polos Orsini, condes de Nola, e polos Sanseverino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista brasileiro. Escribiu novelas de carácter social, das que destacan Cascalho (1944), Dados biográficos do finado Marcelino (1965), Histórias ordinárias (1966), Uma telha de menos (1970), O fruto do vosso ventre (1976), Rebanho do ódio (1995) e A prostituta (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á relixiosa da orde da Visitación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro do instituto feminino, con nome de Fillas de María Auxiliadora, orixinado pola transformación da Pía Unión de Fillas da Inmaculada fundada en Mornese (Piemonte) por Domenico Pestarino en 1855, como rama feminina dos salesianos, dirixida por san Xoán Bosco en 1872 e aprobada por Pío X en 1911. Foi cofundadora e superiora xeral Maria Domenica Mazzarello.
-
-
Relativo ou pertencente a san Francisco de Sales, aos salesianos ou ás salesianas.
-
Membro da congregación relixiosa fundada en Turín por san Xoán Bosco en 1859 como Sociedade de San Francisco de Sales. Recoñecida por Pío IX en 1864, as súas Constitucións foron aprobadas en 1874. Naceu coa finalidade de educar cristianamente á xuventude pobre. Estendeuse por toda Europa e América Latina e a primeira casa en España foi o colexio de Utrera (1881). A actividade salesiana foi moi grande durante o primeiro século da súa existencia a través das escolas populares e profesionais e os oratorios festivos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que deriva dunha advocación mariana, como homenaxe á Virxe aparecida en Salette-Fallavaux (Isère, Francia), o 19 de setembro de 1846 a dous pastores. A sú festividade celébrase o 19 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Nogueira (Meis). Erixida nos ss XVIII e XIX, organízase nunha planta baixa ao redor dun patio interior. Conserva unha capela de 1870 pegada á porta de entrada, que presenta na fachada un escudo que alude aos Pérez, Cardecid, Aballe e Losada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario mariano situado en Siador (Silleda). Trátase do primeiro santuario de España consagrado á Virxe da Saleta, fundado en 1865, e a única residencia que actualmente existe da Comunidade dos Misioneiros de Nosa Señora da Saleta, instalados aquí desde 1984. Xunto á igrexa atópase un centro de espiritualidade fundado en 1996. O 19 de setembro celébrase unha romaría en honor da Virxe.
-
-
-
ENTRADA LARGA
Orde relixiosa e militar de nome completo Soberana Orde Militar e Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, de Rodas e de Malta, coñecida como Soberana Orde de Malta. A súa orixe atópase nun hospital fundado en Xerusalén ao redor de 1050 para asistir aos peregrinos que acudían aos Santos Lugares. Independizouse co beato Xerardo e en 1113 foi aprobada polo Papa Pascual II que a puxo baixo a tutela da Santa Sé. Coa constitución do Reino de Xerusalén, asumiu a defensa militar dos enfermos, peregrinos e territorios conquistados aos musulmáns e pasou a ser relixiosa e militar. Tiña como distintivo unha cruz branca de oito puntas sobre un hábito e capas negros. Coa caída de Xerusalén en 1291, estableceuse en Chipre e en 1310 en Rodas. A orde era gobernada polo gran mestre e por un consello. Territorialmente organizouse en sete linguas: Provenza, Auvernia, Francia, Italia, Aragón-Navarra, Inglaterra (con Escocia e Irlanda) e Alemaña; en 1492 Castela e Portugal separáronse de Aragón e constituíron...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Noruega (1122-1130), fillo de Magnus III e irmán e sucesor de Sten I. Defensor da fe cristiá, en 1107 emprendeu unha expedición marítima que o levou a Inglaterra, Lisboa e Xerusalén. Cos seus guerreiros saqueou algunhas cidades do litoral mediterráneo, como Sidón, e volveu por terra a Noriega (1111). Sucedeuno o seu fillo Magnus IV.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Letra de imprenta maiúscula que ten a mesma altura ca as minúsculas do mesmo corpo.