"Sus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 279.

  • GALICIA

    Mestre. Publicou o libro Bibliotecas escolares. Importancia de esas Bibliotecas, su organización y funcionamiento. Medios de fomentarlas. Libros más adecuados para ellas (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Locución latina que significa ‘caso de guerra’ e que se aplica a un feito que pode provocar a ruptura entre dúas nacións e causar a guerra, ou motivo ou pretexto que se manifesta para unha declaración de guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Locución latina que significa ‘caso de alianza’ e que se aplica a unha circunstancia ou cláusula pola que unha potencia está obrigada, por un tratado, a intervir en defensa dun estado aliado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico, fillo de Ventura Caulonga. Estudiou belas artes na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, baixo a dirección de Asorey; coñeceu a escola de pintura de Tito Vázquez e completou a súa formación con Roberto González del Blanco. Dende 1956 residiu en Madrid onde asistiu ás clases do Círculo de Bellas Artes. Traballou no taller do gravador Dimitri Papageorgius. Cultivou o debuxo, o gravado e a escultura e, sobre todo, a pintura ao óleo. Interesado polos primitivos renacentistas, a pintura flamenga e as últimas vangardas, buscou a plasmación da realidade e dos soños do home. Realizou traballos de restauración na catedral de Friburgo e as escenas dos baixorrelevos que decoran os bancos da Plaza Mayor de Madrid. As súas creacións están en diversos museos galegos, nacionais e internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Licenciado en Belas Artes, estudiou na Académia de Belles Arts de San Carles de València. Foi profesor na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela e subdirector xeral de Promoción e Difusión Cultural da consellería de Educación e Cultura. A súa pintura caracterízase polo xeometrismo e o colorido das composicións. Recibiu a Medalla de Prata da cátedra de Historia da Arte no seu cincuenta aniversario e unha mención na Trienal de Santiago de Compostela. Realizou exposicións individuais e participou en diversas mostras colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Orde relixiosa masculina fundada en 1534 polo fidalgo guipuscoano Iñigo López de Loiola (santo Ignacio de Loiola). Recibiu a aprobación pontificia en 1540, data que se adoita tomar como a da súa constitución oficial.
    Singularidades e organización interna

    Carisma e espiritualidade
    Un dos principais trazos que diferenza o carisma xesuítico das demais congregacións cristiás é a exhaustiva preparación intelectual e profesional á que se someten os seus membros para desenvolver o seu labor apostólico: os xesuítas, á parte da formación relixiosa, están obrigados a seguir outros estudios con aplicación civil (aínda que non exclúen a posibilidade de profundar naquelas materias), pois unha das súas principais obras, dende a súa orixe, é o ensino, tanto no nivel elemental coma no superior. Tamén é peculiar dos xesuítas o voto de obediencia ao papa que fan ao ingresar na orde. A base da espiritualidade ignaciana é a oración persoal, segundo o modelo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e escritor. Estudiou debuxo na Escola de Artes e Oficios de Vigo e foi socio fundador da Sociedad Amigos del Arte de Vigo. Colaborador da radio e da prensa galega (El Pueblo Gallego e Faro de Vigo) e hispanoamericana (Galicia e Hispano-brasileira), escribiu e ilustrou Unha lenda de San Amaro (1930), Cousas novas (1960) e Cando Colás foi á lúa (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Licenciado en Dereito, foi concelleiro en Santiago de Compostela e director xeral de Consumo. Deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular dende 1987 ata 1996, cando causou baixa na IV lexislatura, e na V lexislatura de 1997 ao 2000, en que causou baixa de novo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘consenso dos fieis’, coa que se designa o criterio de veracidade relixiosa consistente en considerar definitivo aquilo que cre toda a comunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deus romano da abundancia, de culto moi antigo. Tiña un altar subterráneo no centro do Circo Máximo que se exhumaba nas Consualia, festas en honor do deus que se celebraban trala sementeira (15 de decembro) e trala recolleita (21 de agosto). Durante estas últimas, en tempos de Rómulo, tivo lugar o rapto das sabinas. Posiblemente, na súa orixe fose un deus dos silos, un deus campestre encargado de protexer o gran enterrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e historiador, conde de Cora y Lira. Estudiou bacharelato en Ferrol e licenciouse en Dereito na Universidad Central de Madrid. Amais de dirixir o xornal La Voz de la Verdad foi delegado nacional do Partido Tradicionalista, fundou o Sindicato Católico de Obreros e foi xuíz municipal de Madrid. Exerceu como secretario da asesoría xeral do ministerio de Mariña, fiscal da Escuadra, auditor do departamento de Ferrol e da xurisdición central, e conselleiro togado do Consejo Supremo de Justicia Militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación de Xesucristo como símbolo do seu amor humano e divino. Os cartuxos, os xesuítas e as relixiosas da Visitación tentaron estender a súa devoción, que parte das visións das santas Matilde e Xertrude (s XIII) e da santa Margarida María de Alacoque (s XVII), e que tivo unha primeira elaboración teolóxica na obra de Jean Eudes. Clemente XIII aprobou facultativamente o culto (1765), que estendeu despois a toda a Igrexa católica Pío IX (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xesús Rodríguez Corredoira de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xesús Manuel Pérez Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deus guerreiro prerromano da área galaico-lusitana, relacionado co exercicio da soberanía. O achado de inscricións de época romana referidas a esta divindade en Brandomil e Serantes parecen indicar un culto abundante pero limitado a zonas próximas á costa. Segundo algúns investigadores, formaba parte, xunto con Bandua, do conxunto de divindades indoeuropeas vinculadas á guerra. Como deus protector das confrarías de guerreiros, o seu culto sobreviviu á conquista romana e practicárono os lexionarios galaicorromanos, que o asimilaron a Marte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Libreiro e editor. Logo de traballar como comercial, comezou co negocio dos libros en 1969, ano no que fundo a Libraria Couceiro. A mediados dos anos setenta, apostou polo libro galego e portugués, e no ano 1982 introduciuse no mercado do libro antigo. En 2001 forman a empresa dúas librerías en Santiago de Compostela, unha delas dedicada ao libro antigo, e outra na Coruña. Como libreiro, promoveu dende 1979 o boletín Bendado, unha publicación bibliográfica do libro galego e portugués. Así mesmo, organizou varias exposicións sobre libros galegos en Portugal (Porto, Lisboa, Aveiro, Braga e Viana) e Suíza (Xenebra e Laussane). Tamén realizou algunhas actividades no mundo editorial, tanto en Edicións do Cerne, da que foi editor, como en Laiovento, da que foi socio-fundador; ademais, participou na fundación de EDIGAL, a primeira compañía discográfica galega, que logo pasou a denominarse Clave Records. Foi presidente da Federación Galega de Libreiros e vicepresidente da Confederación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador. Empezou a súa traxectoria profesional aos 24 anos como debuxante publicitario, despois de ser mariño mercante e fotógrafo profesional. De formación autodidacta, especializouse na ilustración infantil e xuvenil. Ilustrou, entre outros libros: O mago e a folla (2000), de Toño Núñez; Lobo, lobo (2000), de Xoán Babarro; No corazón da fraga (2001), de Francisco Fernández Naval e Suso Cubeiro; e Historia dunha sobreira (2001), de Ramón Caride; ademais de libros de texto. Así mesmo, realizou as ilustracións dos paneis do Centro de Interpretación de Chelo e para os fondos da longametraxe O Bosque Animado (2001), ademais de diferentes traballos relacionados co medio ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores da familia das cupresáceas que se coñecen co nome de ciprés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina, equivalente a ‘sucesión’ ou ‘carreira dos honores’, que se empregaba para designar a orde na que debía efectuarse, forzosamente, a carreira política en Roma, as condicións para ocupar as maxistraturas e os cargos públicos aos que podía acceder un patricio. A organización do sistema comezou a partir da Lei Villia (180 a C) que ditou as normas para acceder á carreira de honores: situou a idade mínima nos vinte e sete anos; estableceu o paso pola sucesión das maxistraturas curuis (cuestura, edil curul, que non era obrigatorio, pretura e consulado); e fixou o intervalo legal de dous anos entre as maxistraturas sucesivas. O Senado era o encargado do control estreito das carreiras, pero os diferentes comicios podían producir derrogacións nos cargos. Na época de Mario, a finais do s II, comezáronse a producir sistematicamente transgresións nas súas regras. Tralo período das guerras civís, Augusto reorganizou o sistema: o primeiro cargo era o virginviratus civil, ao que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade especial da organización rítmica da frase ou período que busca un reforzamento do equilibrio dos distintos membros mediante a distribución dos acentos nas palabras finais de cada un. Empregouse na prosa latina como substituto da disposición rítmica das cláusulas segundo a cantidade. Trátase dun recurso para incrementar a expresividade nos remates das frases e períodos. No s XI, constituíu o estilo normativo para os escribáns da curia romana, baixo o pontificado de Gregorio VIII. Na adaptación do ritmo cuantitativo ao acentual seguíronse tres modelos de distribución acentual básicos: o chamado cursus planus, que combinaba polisílabo e trisílabo; o cursus tardus, composto a partir de polisílabo grave e tetrasílabo esdrúxulo; e o cursus velox, suma de polisílabo esdrúxulo e trisílabo grave, aos que se lle engadiu posteriormente o cursus trispondaicus, a partir de polisílabo e tetrasílabo grave. O esquema resultante de catro cursus constitúe a base formal da retórica medieval e renacentista.

    VER O DETALLE DO TERMO