"Talía" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 56.

  • Organismo público italiano de radio e televisión. Os seus precedentes foron a URI (Unione Radiofonica Italiana, 1924) e o EIAR (Ente Italiano Audizioni Radiofoniche, 1927). En 1944 estableceuse definitivamente a RAI (Radio Audizioni Italia). Iniciou as súas emisións televisivas en 1954, e ata a década de 1970 tivo o monopolio televisivo. Está formada por 3 cadeas de radio (Radio Uno, Radio Due e Radio Tre), 2 radiofórmulas (GRParlamento e Isoradio), 3 canles de TV (RAI Uno, RAI Due e RAI Tre), RAI International e 12 canles de televisión vía satélite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réxime fascista establecido por Benito Mussolini no N de Italia entre o 9 de setembro de 1943 e o 25 de abril de 1945, con sede en Salò (Lombardia). Pouco despois de ser liberado polos alemáns, B. Mussolini formou un goberno republicano na zona de Italia dominada por aqueles no que tentou recuperar as pretensións sociais do primeiro fascismo. Organizou un xuízo, o Proceso de Verona, contra os supostos culpables da caída do réxime fascista en Roma, pero sucumbiu ante o avance aliado e a acción dos partisanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo protectorado italiano (1889-1960) de África Norteoriental. En 1960 acadou a independencia e formou, xunto coa Somalia Británica, o estado de Somalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero dos mamíferos cetáceos, da familia dos delfínidos, que viven nos mares cálidos do S, especialmente nas desembocaduras dos ríos que adoitan remontar en grupos de dous ou tres individuos. OBS: Tamén se denominan golfiños fluviais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que provén do grego Thalein ‘florecer’, tamén co significado de ‘a fértil, a abundante’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das nove musas da mitoloxía grega, considerada como a musa da comedia e da poesía festiva. Amante de Dafnis e de Apolo, considerouse a nai dos fillos deste último (os coribantes). Representábase cunha máscara cómica na man dereita e coroada de hedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das Tres Grazas, filla de Zeus e Eurínome. Xunto coas súas irmáns, vinculouse á vexetación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das Nereidas, filla de Nereo e Dóride. Foi citada por Homero nos seus escritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Grupo de teatro creado en 1988 e vinculado á Asociación Cultural Domingo Antonio de Andrade, entidade organizadora da Mostra de Teatro de Cee. Como compañía afeccionada chegou a montar ata sete espectáculos, dos que destacan O rei aborrecido, de X. Pisón; e Ai, Carmela e Marsal Marsal, de J. Sanchis Sinisterra. As críticas e os premios recibidos, xunto coa propia evolución da compañía, fixeron que se convertese en profesional en 1996. Desde ese momento continuou coas súas representacións, como A secreta obscenidade de cada día, de M. A. de la Parra; Pedro e o capitán, de M. Benedetti; Soños dun sedutor, de W. Allen; Xustiza infinita, de Cándido Pazó; Eu así non xogo, de A. Trillo; e Bicos con lingua. Co tempo produciu e distribuíu os seus espectáculos e creou unha infraestrutura propia. Por outra banda, edita unha colección de textos teatrais e leva adiante a Escola de Teatro do concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos taliáceos.

    2. Urocordado da clase dos taliáceos.

    3. Clase de animais, do filo dos urocordados, que teñen notocorda en estado adulto e o corpo envolto por unha túnica moi delgada. Teñen forma de cuba, coa abertura cloacal e bucal nos extremos. Viven solitarios ou en colonias peláxicas, e nútrense de microorganismos planctónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica do anión poliatómico que ten o tantalio como elemento central, e dos compostos que conteñen os mencionados anións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pirata do Mar Báltico e do mar do Norte. Os primeiros foron os poboadores de Rostock e Wismar, que abasteceron Estocolmo durante o sitio danés (1389-1395), para logo dedicarse á pirataría. Desapareceron a finais do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (657-672). Foi elixido baixo a presión do exarca bizantino. Defendeu os seus dereitos contra o arcebispo de Ravenna e o bispo de Creta. A súa festividade celébrase o 27 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro rei de Sardeña (1849-1861) e primeiro rei de Italia (1861-1878), duque de Savoia, fillo e sucesor de Carlos Alberte I de Sardeña. Secundou a política de Cavour como a finalización do acordo de Plombières (1858), a anexión de Italia central (1859) ou a expedición de Garibaldi na conquista de Sicilia e Nápoles (1860). Proclamado rei de Italia, anexionou Venecia (1866) e ocupou Roma (1870).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Italia (1900-1946) e de Albania (1939-1943) e emperador de Etiopia (1935-1941), fillo e sucesor de Humberto I. Acabou, con éxito, a guerra en Libia (1911-1912) e interveu na Primeira Guerra Mundial, pero a partir de 1922 tolerou que o fascismo se asentase en Italia. Baixo a influencia de Mussolini, consentiu a guerra de Etiopia (1935), a axuda ás tropas franquistas na Guerra Civil en España (1936-1939), a anexión de Albania (1939) e a entrada de Italia na Segunda Guerra Mundial ao lado de Alemaña. En 1943 autorizou o golpe de estado que derrocou a Mussolini e pediu o armisticio aos aliados. En 1944 nomeou lugartenente do reino o seu fillo Humberto II, en quen abdicou en 1946. Exiliouse a Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Natali Wood, caracterizouse polo seu temperamento dramático. Destacou en Rebel Without a Cause (1955), The Burning Hills (1956), Splendor in the Grass (1961), West Side Story (1961) ou Brainstorm (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO