Radiotelevisione Italiana
Radiotelevisione Italiana
Nome científico:
[RAI]
[COMUN]
Organismo público italiano de radio e televisión. Os seus precedentes foron a URI (Unione Radiofonica Italiana, 1924) e o EIAR (Ente Italiano Audizioni Radiofoniche, 1927). En 1944 estableceuse definitivamente a RAI (Radio Audizioni Italia). Iniciou as súas emisións televisivas en 1954, e ata a década de 1970 tivo o monopolio televisivo. Está formada por 3 cadeas de radio (Radio Uno, Radio Due e Radio Tre), 2 radiofórmulas (GRParlamento e Isoradio), 3 canles de TV (RAI Uno, RAI Due e RAI Tre), RAI International e 12 canles de televisión vía satélite.