RadioTelevisión Española, Grupo

RadioTelevisión Española, Grupo
Nome científico: [RTVE]
[COMUN]

Organismo público de radio e televisión fundado en 1945. Xestionado cun sistema de financiamento mixto a través de fondos públicos e publicidade, dirixe as sociedades TVE (TVE-1 e La 2), TVE Internacional, TVE Temática, Radio Nacional de España (RNE), o IORT (Instituto Oficial de Radio y Televisión) e a Orquesta Sinfónica y Coro. Membro da Unión Europea de Radiodifusión e do EURO, canal informativo multilingüe, emite vía satélite (HotBird 2, Hispasat e Telstar) desde 1994. Participou na cadea Euronews (1993) e na cadea dixital Vía Digital.

Palabras veciñas

radiotelescopio | radiotelevisar | radiotelevisión | RadioTelevisión Española, Grupo | Radiotelevisione Italiana | radioterapeuta | radioterapéutico -ca