"Tip" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 256.

  • Curva que ten por podaria unha curva dada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exercicio no que un acróbata, apoiado sobre un soporte chamado trinka, move cos pés toda clase de obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quen ou que practica o antipodismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Creación literaria que se produce á marxe dos recursos tradicionais, en reacción contra a linguaxe poética herdada. É habitual o tratamento desmitificador da tradición por medio da ironía, a parodia, a burla ou o prosaísmo para acadar unha nova interpretación da realidade. Nun sentido amplo, o termo pode aplicarse a todas as correntes poéticas que supoñen un rexeitamento ou ruptura cunha estética e unha linguaxe poética consagradas. Celso Emilio Ferreiro é autor do libro Antipoemas (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contrario aos preceptos da poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para tratar ou previr a poliomielite.

    2. acina que contén os tres tipos de polivirus que provocan a enfermidade e que desenvolve a inmunidade contra cada un deles. A vacinación acostuma realizarse aos 2, 4 e 18 meses de idade, unha dose de recordo ao ano seguinte e outra cada cinco anos. Un tipo de vacina alternativa é a OPV (vacina oral de polivirus), que contén cepas de virus vivos, aínda que inofensivos, e se administra por vía oral. Esta última, moi utilizada, pode excepcionalmente (nun de cada cinco millóns) provocar a poliomielite no vacinado ou nas persoas que o rodean. Cabe salientar, aínda así, que non hai ningún medicamento eficaz contra a poliomielite unha vez adquirida a enfermidade. Os pacientes que quedan paralíticos mentres o virus permanece activo requiren de repouso na cama e tratamento fisioterapéutico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é contrario ao espírito político.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contrario ao pobo, aos seus intereses ou ás organizacións representativas dos intereses do pobo.

    2. Aplicado a unha iniciativa gobernamental, indica que esta non goza do favor do público ou que existe na sociedade unha opinión maioritaria en contra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nun sistema óptico, refírese a cada un dos planos conxugados, normais ao eixe do sistema e cun aumento lateral igual a -1. Un feixe de raios que saia dun punto P do plano antiprincipal obxecto e penetre no sistema emerxerá, concorrendo real ou virtualmente nun punto P’, do plano antiprincipal imaxe; esta imaxe, P’, atoparase na outra banda e á mesma distancia do eixe que o punto P.

    2. Aplícase a cada un dos dous puntos de intersección dos planos antiprincipais co eixe do sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe a antipartícula do protón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que combate as infeccións producidas por protozoos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que protexe ou evita a acción dos proxectís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que prevén ou combate o proído.

    2. Nome xenérico dos fármacos antiprurixinosos; os máis comúns son os antihistamínicos, antiserotonínicos e algúns cortisónicos, anestésicos e astrinxentes cutáneos locais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento psiquiátrico nado en Inglaterra durante a década do 1960 como denuncia das bases da psiquiatría clásica. Considera a enfermidade mental como un fenómeno socioxenético e, polo tanto, estende a súa denuncia á organización da sociedade e dos sistemas ideopolíticos, rexeitando a existencia de enfermidades mentais. De acordo con isto, basea o seu tratamento nun cambio das estruturas sociais, onde deberán desaparecer os vínculos de autoridade, de poder, de opresión e de marxinación social. Foron representantes destacados deste movemento: en Inglaterra, R. D. Laing, D. G. Cooper e A. Esterson; en Francia, R. Gentís; e, en Italia, F. Basaglia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra a sarna.

    2. Medicamento para combater a sarna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura gramatical propia das linguas con sistema casual que consiste no emprego dun caso por outro.

    2. Construción sintáctica que consiste na atracción do antecedente ao caso do relativo. Recibe o nome tamén de attractio inversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que preserva da putrefacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo ou figura que representa outra.

    2. Realidade prefigurada polo tipo ou figura. O tipo é o símbolo ou figura dunha persoa ou cousa futura, polo xeral un feito do Antigo Testamento que prefiguraba outro do Novo Testamento. Por exemplo, a arca de Noé é un tipo da Igrexa, e esta é o antitipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estipulación establecida por Caio Aquilio Galo segundo a cal as partes contratantes realizaban un anovamento (anovatio) que substituía, por medio dunha obrigación verbal, tanto as relacións obrigatorias existentes entre as partes como calquera outra relación que estas se propuxeran alterar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador grego. Foi discípulo dos sofistas e de Sócrates, á morte do cal fundou a Escola Cirenaica ou Hedonista. Como os cínicos, deulle unha importancia fundamental ás cuestións morais, pero afirmou que o ben supremo do ser humano é o pracer, entendido como individual e presente.

    VER O DETALLE DO TERMO