antipoema
antipoema
(
s
m
[LIT]
Creación literaria que se produce á marxe dos recursos tradicionais, en reacción contra a linguaxe poética herdada. É habitual o tratamento desmitificador da tradición por medio da ironía, a parodia, a burla ou o prosaísmo para acadar unha nova interpretación da realidade. Nun sentido amplo, o termo pode aplicarse a todas as correntes poéticas que supoñen un rexeitamento ou ruptura cunha estética e unha linguaxe poética consagradas. Celso Emilio Ferreiro é autor do libro Antipoemas (1972).