antipoliomielítico -ca
(< anti- + poliomielite + -ico)
-
adx
[MED]
Que serve para tratar ou previr a poliomielite.
-
vacina antipoliomielítica
[MED]
acina que contén os tres tipos de polivirus que provocan a enfermidade e que desenvolve a inmunidade contra cada un deles. A vacinación acostuma realizarse aos 2, 4 e 18 meses de idade, unha dose de recordo ao ano seguinte e outra cada cinco anos. Un tipo de vacina alternativa é a OPV (vacina oral de polivirus), que contén cepas de virus vivos, aínda que inofensivos, e se administra por vía oral. Esta última, moi utilizada, pode excepcionalmente (nun de cada cinco millóns) provocar a poliomielite no vacinado ou nas persoas que o rodean. Cabe salientar, aínda así, que non hai ningún medicamento eficaz contra a poliomielite unha vez adquirida a enfermidade. Os pacientes que quedan paralíticos mentres o virus permanece activo requiren de repouso na cama e tratamento fisioterapéutico.