"Tolox" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 119.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da bioloxía que estudia o comportamento dos animais, baixo as condicións do hábitat natural, e os mecanismos que o determinan. A etoloxía, desenvolvida sobre todo no s XX, fundaméntase sobre outras ramas da bioloxía, como a bioquímica, a xenética, a ecoloxía ou a zooloxía. Dende os gregos había diversas observacións e descricións de tipo anecdótico da vida dos animais e dos seus costumes, pero foron as consecuencias das teorías evolucionistas de Ch. R. Darwin as que posibilitaron o nacemento dunha etioloxía con rigor científico, que tivo como máximos representantes a K. Lorenz, K. von Frisch e N. Tinbergen. A etioloxía moderna explica o comportamento como a serie de accións que modifican en cada momento preciso a relación existente entre un organismo e o medio que o envolve. É, xa que logo, un concepto dinámico que inclúe a facultade de adaptación ao medio externo. A modificación adaptativa do animal como un todo ten lugar a través dunha pauta de conduta. Ao clasificar o comportamento...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á etoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia o Antigo Exipto. Ten como obxectivo o descubrimento dos materiais desta civilización e o seu estudo e publicación (arqueoloxía); a análise, edición e tradución dos textos (filoloxía); a síntese histórica dos coñecementos obtidos (historia) e a conservación dos materiais, in situ ou en establecementos adecuados (museoloxía). Naceu a finais do s XVIII e contou dende os seus inicios coa dificultade de penetrar no val do Nilo, protexido polos musulmáns, e co descoñecemento da escritura exipcia. A expedición de Napoleón de 1798 abriu o camiño ás investigacións e permitiu a creación de coleccións nos museos europeos. Os estudiosos que acompañaron a Napoleón recolleron as súas investigacións en La description de l’Égypte. Pódense establecer distintas etapas no estudo do mundo exipcio; a primeira estendeuse entre 1822 e 1858. Un dos primeiros estudiosos do mundo exipcio foi John Gardner Wilkinson (1797-1875), quen comezou en 1821 as escavacións de Tebas e escribiu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
fisioloxía patolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioloxía que estudia os vexetais, coñecida comunmente como botánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
paleobotánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia as enfermidades das plantas. Xeralmente, a fitopatoloxía restrinxe o seu campo ás enfermidades que causan os virus, os parasitos vexetais (bacterias, fungos ou plantas superiores), os nematodos e os factores ambientais, e deixa para a entomoloxía e a zooloxía aplicadas as enfermidades causadas por artrópodos, moluscos e vertebrados. O nacemento da fitopatoloxía como ciencia tivo lugar na primeira metade do s XIX, grazas ao desenvolvemento da micoloxía e da entomoloxía e ás primeiras probas de control químico. No ano 1807 J. L. Prévost probou conclusivamente que a carie do trigo se debía a un fungo, Tilletia tritici, que produce unhas esporas que se podían destruír pola acción do sulfato de cobre. Os traballos de H. A. de Bary e doutros destacados fitopatólogos da segunda metade do s XIX levaron ao descubrimento das bacterias como parasitos vexetais. No ano 1898 M. W. Beijerinck identificou o axente do mosaico do tabaco como unha entidade infecciosa diferente...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade que se constituíu en Santiago de Compostela en 1973 por un grupo de profesores e estudiantes de bioloxía. Naceu coa finalidade de elaborar diferentes estudios relacionados coa natureza, fundamentalmente o estudo das aves, a súa defensa e divulgación. Divulgación que se levou a cabo no boletín Ardeola, na revista Acta Científica Compostelana ou no seu propio boletín Bubela. Débenselle estudios de diversas localidades de Galicia, entre os que destacan os das illas Cíes e Ons, a lagoa de Valdoviño ou as serras dos Ancares ou O Courel. Disolveuse en 1976 para dar lugar á Sociedade Galega de Historia Natural. É a sociedade relacionada co medio máis antiga de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da zooloxía que trata do estudo e a descrición dos helmintos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos helmintos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina dedicada ao estudo dos elementos do sangue e ao estudo clínico e ao tratamento das enfermidades producidas polas alteracións destes elementos. Ás técnicas hematolóxicas habituais (contas globulares ou estudios de frotis sanguíneos e medulares), uníronselle os avances da bioloxía, da química e da electrónica, que permitiron novos estudios de antíxenos e de anticorpos, de cultivos de tecidos, etc, á vez que se fixeron numerosos estudios sobre a coagulación sanguínea. Estes avances repercuten no estudo clínico dos trastornos comunmente chamados enfermidades do sangue. Os transplantes de medula ósea mostráronse eficaces no tratamento dalgunhas destas enfermidades e de certas aplasias medulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á hematoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio ou tratado das células do sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio das festas relixiosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio do fígado e das enfermidades que lle afectan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da zooloxía que estudia os anfibios e os réptiles desde o punto de vista anatómico-morfolóxico, filoxenético, evolutivo, embriolóxico, fisiolóxico e ecolóxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á herpetoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da bioloxía que estudia a composición e estrutura microscópica dos tecidos orgánicos. A histoloxía estudia o crecemento dos tecidos, animais e vexetais, desde o período xerminativo ata que completan a súa formación. Tamén se ocupa da relación entre estrutura e función, e dos cambios de estrutura segundo a función que realice. A histoloxía humana estudia o crecemento dos catro tecidos básicos (epitelial, conectivo, muscular e nervioso) a partir das tres capas xerminativas (ectoderma, mesoderma e endoderma) e a adaptación entre eles durante o desenvolvemento para formar os órganos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á histoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio da patoloxía dos tecidos.