Grupo Ornitolóxico Galego

Grupo Ornitolóxico Galego

Sociedade que se constituíu en Santiago de Compostela en 1973 por un grupo de profesores e estudiantes de bioloxía. Naceu coa finalidade de elaborar diferentes estudios relacionados coa natureza, fundamentalmente o estudo das aves, a súa defensa e divulgación. Divulgación que se levou a cabo no boletín Ardeola, na revista Acta Científica Compostelana ou no seu propio boletín Bubela. Débenselle estudios de diversas localidades de Galicia, entre os que destacan os das illas Cíes e Ons, a lagoa de Valdoviño ou as serras dos Ancares ou O Courel. Disolveuse en 1976 para dar lugar á Sociedade Galega de Historia Natural. É a sociedade relacionada co medio máis antiga de Galicia.

Palabras veciñas

Grupo KWY | Grupo La Capital | Grupo Libertario Despertad! | Grupo Ornitolóxico Galego | Grupo San José | Grus | gruta