Grupo KWY

Grupo KWY

Grupo artístico portugués creado en París. O seu nome está formado por letras non existentes no alfabeto portugués que foneticamente significan “cá vamos indo” coas que se pretendía reivindicar o compromiso coa situación política e social portuguesa. Pertenceron a el, entre outros, os lusos R. Bértholo, B. Cid, M. L de Castro, C. Pinheiro, Pomar e P. Rego e aos que cómpre engadir, entre outros, a Christo e Jan Voss. A súa actividade desapareceu no ano 1963.