"Tula" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 76.

  • Calidade de petulante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen se cre superior aos demais e amosa unha actitude inmodesta, insolente e despreciativa.

    2. Que ofende pola súa falta de respecto aos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embrión dunha semente en xerminación.

    2. Planta moi nova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das portulacáceas, ao que pertence a beldroega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás portulacáceas.

    2. Planta da familia das portulacáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das cariofilais, composta por plantas herbáceas ou subarbustivas, de follas dispersas ou enfrontadas, carnosas e estipuladas, de flores hermafroditas, en xeral regulares e hipóxinas, agrupadas en acios racemiformes, e de froitos dehiscentes, normalmente capsulares. De distribución cosmopolita, a especie máis común é a beldroega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de postular.

      1. Petición de dispensa que fan os capitulares dunha igrexa á autoridade relixiosa competente con vista ao nomeamento dun prelado que, por un impedimento canónico ou por ser prelado doutra igrexa, necesita a dispensa para obter o cargo.

      2. Demanda de esmola por parte dos relixiosos designados para este oficio pola súa orde ou a súa congregación, de acordo coas normas do dereito canónico.

    2. Capacidade procesual esixida pola lei para que as partes poidan exercer validamente perante os tribunais as súas pretensións, que comprenden a defensa do avogado e a representación do procurador, dos que nalgúns casos se permite prescindir.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Proposición fundamental dun sistema dedutivo que nin é evidente nin pode ser demostrada. Tradicionalmente contrapoñíase ao axioma, por non ser evidente nin universalmente aceptado, e ao teorema, por non ser demostrable. Con posterioridade asimilouse ao axioma e entendeuse como propio do postulado a posición primaria que este ocupaba nun sistema formal, de tal xeito que todas as proposicións da teoría -teoremas- podían ser deducidas por unha cadea de razoamentos daqueles postulados (axiomática). 

      2. postulados da razón práctica

        Cada un dos tres principios expostos por Kant na Kritik der praktischen Vernunft en que a admisión deles é necesaria a partir do feito da consciencia moral e da lei moral, e que son o da liberdade do home, o da inmortalidade da alma e o da existencia de Deus.

      3. postulados da razón pura

        Cada un dos tres principios, referentes ás categorías da modalidade, expostos por Kant na Kritik der reinen Vernunft e que dan razón da posibilidade, da realidade e da necesidade no seu uso empírico e que, como postulados do pensamento empírico en xeral, só son aplicables á experiencia posible e á súa unidade sintética.

    1. Quinto dos postulados de Euclides que afirma que, dada unha recta e un punto exterior, só se pode trazar por este unha recta paralela á recta dada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. postulante.

      1. Eclesiástico que promove e leva unha causa de beatificación ou de canonización perante o tribunal competente, xa sexa da diocese orixinaria do santo, ou da Congregación dos Ritos. Polo xeral reside en Roma.

      2. Cada un dos capitulares que postulan á autoridade eclesiástica a dispensa para unha elección de prelado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen postula.

    2. Persoa que, aspirando a entrar na vida relixiosa, está no período de proba, antes de entrar no noviciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedir algo con insistencia.

    2. Demandar esmola os relixiosos designados para tal efecto por unha orde ou congregación relixiosa.

      1. Demandar como prelado dunha igrexa a unha persoa que por dereito non pode ser elixida.

      2. Preitear un postulador por unha causa de beatificación ou canonización.

      3. Demandar ser admitido nunha orde relixiosa.

      1. Propoñer a alguén como candidato.

      2. Propoñer algunha cousa.

    3. Formular un postulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lesión elemental da pel que consiste nunha elevación da epiderme que contén un líquido purulento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposición promulgada por Carlos II o Calvo na Dieta de Quierzy-Sur-Olse en 877 cando preparaba unha expedición a Italia. Carlos II comprometeuse nela a doar aos herdeiros dos funcionarios que morresen no curso da campaña os beneficios que estes gozase e a exercer as súas funcións provisionalmente. Conservou para o rei o poder designar de inmediato a outro sucesor. Foi un dos primeiros pasos para a consolidación do carácter hereditario dos feudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de recapitular.

    2. Termo usado na Epístola aos Efesios para indicar o misterio de Xesús Cristo como cabeza de todo, onde se reúnen de novo todas as cousas do Ceo e da Terra.

    3. Teoría proposta en 1783 por Kelmeyer, que foi adoptada no s XIX por outros homes de ciencia, como Haeckel, quen a impulsou novamente e lle deu o nome de lei bioxenética fundamental, postulando que a ontoxénese reproducía a filoxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repetir, recordar ou mencionar a xeito de resumo os principais puntos dun discurso, dunha conferencia ou dun escrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Óso par, de forma triangular e duns 5 cm de diámetro, que está situado dentro do tendón de inserción do cuadríceps femoral, na parte dianteira do xeonllo.

    2. Articulación constituída por unha peza esférica que pode xirar nun espazo oco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de rotular.

    2. Rótulo ou conxunto de rótulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que rotula.

    2. Instrumento de escritura e debuxo provisto dunha barra esponxosa empapada en tinta e dunha punta de fibra que, en contacto co papel, deixa un trazo xeralmente groso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pór un rótulo a algo ou nalgunha parte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á rótula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das asteráceas, con follas ovais ou lanceoladas, flores en capítulos solitarios, en corimbo ou panícula, e froito cun apéndice de pelos ou filamentos. En Galicia está presente a especie S. tinctoria, en prados montañosos e lugares húmidos, que florece entre xullo e outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO