"UEO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 62.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Vilalba. Trátase dunha fundación pública municipal rexida por un padroado e pertencente ao Consello Galego de Museos. Ten como obxectivos a investigación, custodia, conservación e difusión da prehistoria e historia antiga de Galicia. Conta cunha exposición permanente con restos das diversas culturas do noroeste peninsular desde as orixes ata a romanización e realiza mostras individuais e outras actividades. As súas investigacións céntranse na reconstrución paleoambiental do norte peninsular e a caracterización das sociedades paleolíticas e epipaleolíticas galegas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de titularidade estatal inaugurado, xunto co Centro Nacional de Investigaciones Arqueolóxicas Submarinas, en Cartagena (1982). Mostra o patrimonio arqueolóxico subacuático, así como a importancia da historia marítima na Antigüidade. Destaca a súa colección de ánforas e as reproducións de embarcacións e materiais que testemuñan o tráfico marítimo antigo, así como os relacionados coa metalurxia do chumbo e da prata. O seu ámbito temporal esténdese desde a época fenicia ata o s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en Braga en 1918 co nome de Museu de Arte e Arqueologia. En 1981 constituíuse como un museo rexional de arqueoloxía orientado principalmente á preservación e divulgación dos vestixios romanos de Bracara Augusta. A súa colección abarca un período cronolóxico comprendido entre o Paleolítico e a Idade Media.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de politiquear.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada na Guarda a partir de 1985 como voceira do grupo de arqueoloxía Alfredo García Alén. Dirixida por Ramón Patiño, no seu consello asesor participaron algúns dos máis destacados investigadores de Galicia no campo da arqueoloxía, a prehistoria, a historia e a antropoloxía. Incluíu diferentes artigos sobre escavacións, sondaxes estratigráficas, prospeccións arqueolóxicas e notas etnográficas, acompañadas de debuxos, mapas, fotografías e abundante bibliografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Retirada do plano de fachada dun edificio respecto á aliñación oficial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asalto e saqueo da cidade de Roma levado a cabo o 6 de maio de 1527 polo exército imperial durante o enfrontamento entre o Emperador Carlos V de Alemaña e Francisco I de Francia polo predominio en Italia. Carlos III de Borbón, que comandaba o exército imperial, aproveitou as dificultades en que se atopaban os membros de Liga de Cognac para atacar o Papa Clemente VII, que persistira en axudar a liga, feito que decidiu o condestable de Borbón, como represalia, a atacar Roma. Pero morreu no primeiro asalto, e isto provocou a vinganza dos seus soldados, que se entregaron a un saqueo implacable durante varios días. Mentres o papa tivo que refuxiarse en Sant’Angelo durante sete meses. O conflito non acabou ata a Paz de Barcelona (1529) asinada entre o emperador e o papa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de saquear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada en Pontevedra en 1894 baixo a iniciativa de Casto Sampedro Folgar. Ademais de realizar estudos arqueolóxicos, promover a conservación de obxectos artísticos e de monumentos, levou a cabo tamén traballos sobre a música, o léxico ou a historia de Pontevedra e do Gremio de Mareantes. Disolveuse en 1937 e os seus fondos integráronse no Museo de Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está composto por terra e auga, referido á Terra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘traquea’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da traquea e dos bronquios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das ramas máis finas en que se subdividen as traqueas dos artrópodos terrestres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade vascular das plantas que está producida por fungos fitopatóxenos que se desenvolven no interior dos vasos condutores e producen a súa necrose. Ao cortar transversalmente as plantas afectadas obsérvanse manchas escuras ao longo dos vasos. As máis importantes son as producidas polas especies Verticillium alboatrum e V. dahliae.
-
VER O DETALLE DO TERMO
isualización endoscópica da traquea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión cirúrxica que se fai na traquea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación que consiste en abrir a traquea, ben para extraer un corpo estraño, ben para facilitar a respiración cando hai un obstáculo na parte superior do aparato respiratorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade vascular das plantas da horta e das árbores que está producida polos fungos do xénero Verticillium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pé formado por unha sílaba longa e unha breve, na métrica clásica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unión de Europa Occidental.