"Ube" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 248.

  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Foi discípulo de Vincent d’Indy na Schola Cantorum. Escribiu dúas óperas, aínda que o seu traballo máis importante realizouno como folclorista. Destacan os Chants d’Auvergne (1923-1930), escolma de cancións populares, harmonizadas para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín mensual que editou a Asociación de Jóvenes de Ramalde no Porto dende comezos do ano 1989. Esta publicación, que amosou un grande interese pola historieta, representou un importante medio de comunicación e coñecemento entre os escritores galegos e portugueses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de debate político constituído en 1986, tralo éxito electoral de Coalición Galega en 1985, para estruturar un galeguismo consciente e asumible como fórmula política. A idea xurdiu de Luciano García Alén, galeguista histórico que actuou de presidente durante a primeira andaina do grupo, e de Perfecto Yebra Martul-Ortega, responsable da elaboración do programa político de Coalición Galega en 1985 e que asumiu o secretariado. Como primeiros integrantes do clube figuraban Barreiro Fernández, Couceiro Rivas, García Iglesias, Gómez Segade, González Reboredo e Sobrino Manzanares. A incidencia no debate público que pretende establecer na sociedade galega, realízao a través de conferencias e táboas redondas. Entre os conferenciantes que empregaron a tribuna do Clube cómpre salientar a Barreiro Fernández, Barreiro Rivas, Beiras Torrado, Fernández del Riego, Méndez Ferrín ou Nogueira Román, entre os políticos e intelectuais galegos, e Saraiva de Carvalho ou Roca Junyent, entre as personalidades...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cobras da familia dos colúbridos ao que pertencen a cobra de ferradura e a cobra verdeamarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Área natural do extremo occidental da Península do Barbanza, entre as rías de Muros e Noia, ao N, e de Arousa, ao S. A enseada sedimentaria de Corrubedo é un amplo entrante delimitado por acantilados baixos de orixe granítica e, cara ao interior, por unha serie de pequenas elevacións que non superan os 300 m de altitude. Constitúe un singular sistema de praia-barreira composto por un grande areal de máis de 4 km de lonxitude, cun extenso campo dunar asociado (que pecha no seu interior a pequena lagoa de Carregal) e unha área de marismas sucada por numerosas canles que conflúen nunha bocana central que desaloxa as súas augas no océano. A periodicidade das mareas permite que durante a preamar circulen pola bocana as augas mariñas que asolagan as marismas e elevan o nivel da lagoa. Cara ao S do complexo, a lagoa de Vixán presenta, pola contra, augas de baixa salinidade ao estar practicamente illada do mar (recibe auga salgada unicamente durante as mareas vivas primaverais e de fins do verán)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión tectónica de África ecuatorial drenada polo río Congo e polos seus afluentes e dividida politicamente entre a República Democrática do Congo e a República do Congo. Ocupa unha superficie aproximada de 3.500.000 km2. Tectonicamente é un bloque fundido de zócolo cristalino, cuberto por unha serie de estratos sedimentarios, no centro do que destacan as terrazas fluviais do río Congo. A súa conca está separada das rexións circundantes por unha serie de altiplanos e macizos graduados. O clima, que é ecuatorial, propicia unha vexetación de selva, especialmente na súa parte central, mentres que a sabana e o bosque en galería esténdense ás areas periféricas. A súa fauna tamén responde a esta sectorialización: así, a selva é rica en simios antropomorfos e paxaros; nas rexións máis abertas habitan os grandes hervíboros. Os principais grupos étnicos que poboan esta rexión son os bantús e os pigmeos, que se organizan en pequenas comunidades. Coa colonización europea desenvolvéronse...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unión sexual entre escravos ou entre individuos libres e escravos, que non tiña o rango de matrimonio segundo o dereito romano. En Roma os escravos carecían do dereito ao matrimonio e necesitaban o permiso dos seus amos para entrar en contubernio.

    2. Convivencia entre dúas ou máis persoas, xeralmente considerada ilícita.

    3. Entendemento entre dúas ou máis persoas, habitualmente en prexuízo doutra, ou asociación de intereses ilícitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do litoral occidental da península do Barbanza, na parroquia homónima do concello de Ribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada e praia do litoral sudoccidental da península do Barbanza entre as parroquias de Corrubedo, Olveira, Artes, Carreira e Aguiño, todas do concello de Ribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribeira baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘castaña’ e ‘pataca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre Frédy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘castaña’ e ‘pataca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liana dioica de follas glabras, ovadas e acuminadas. Orixinaria de Xava e Sumatra, cultívase en toda Asia tropical por mor dos seus froitos. Xeralmente, as plantacións mesturan estas plantas co café.

    2. Froito bacciforme oficinal da planta homónima, de propiedades diuréticas, sialagogas e antisépticas das vías urinarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun alcume de carácter profesional aplicado a individuos que tiñan por oficio facer ou reparar cubas. Non se pode descartar a posibilidade de que a súa orixe sexa un topónimo, xa que esta forma tamén se atesta na nosa toponimia (na provincia de Lugo). Documéntase no s XV: “Pedro Cubeiro” (doc ano 1482 en J. García Oro, Galicia en la Baja Edad Media, 1977, p 262). Adoita aparecer grafado con -v- non etimolóxico: Cuveiro.

    2. Liñaxe que trae por armas escudo partido: primeira partición, en campo de azul, cunha aguia de ouro coroada de prata; segunda partición, en campo de ouro, cun castelo de goles, aclarado de prata e superado de tres luceiros de azul, colocados en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á construción ou venda de cubas e toneis. Moitos teñen o seu propio obradoiro nas zonas viñateiras onde almacenan, a carón das portas, cubas, pipotes e os materiais propios do oficio. O seu traballo require de certa especialización; complementan a madeira co ferro, polo que precisan dun variado tipo de instrumentos, como aixolas, garlopas, cepillos de volta, marras, gato, etc. Ao teren todo o material disposto no seu obradoiro e coas táboas serradas, a primeira operación que realizan é a de recortar unhas tiras curvadas que forman o corpo das cubas; a continuación fáiselles o rexistro e logo prepáranse os aros, de madeira ou ferro, afiando os extremos. Cando teñen preparadas todas as partes fan a armazón con aros e preparan as tampas que pechan os costados. O cubeiro gozou dunha grande importancia social e nos refráns e cantares populares teñen sona de troleiros, de cantar e bailar ben, feito que se pode deber ao ritmo do golpe do mazo na madeira e nos arcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador. Empezou a súa traxectoria profesional aos 24 anos como debuxante publicitario, despois de ser mariño mercante e fotógrafo profesional. De formación autodidacta, especializouse na ilustración infantil e xuvenil. Ilustrou, entre outros libros: O mago e a folla (2000), de Toño Núñez; Lobo, lobo (2000), de Xoán Babarro; No corazón da fraga (2001), de Francisco Fernández Naval e Suso Cubeiro; e Historia dunha sobreira (2001), de Ramón Caride; ademais de libros de texto. Así mesmo, realizou as ilustracións dos paneis do Centro de Interpretación de Chelo e para os fondos da longametraxe O Bosque Animado (2001), ademais de diferentes traballos relacionados co medio ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Argola da solta que traba as patas dun animal para que non escape.

    2. Peza na que vai encaixado o extremo do eixe do carro.

    3. Terreo que se caracteriza por ter bastante pendente.

    4. Terreo que se sitúa entre montañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido galego Cuvelas.

    VER O DETALLE DO TERMO