Clube Nacionalista Alén Nós

Clube Nacionalista Alén Nós

Grupo de debate político constituído en 1986, tralo éxito electoral de Coalición Galega en 1985, para estruturar un galeguismo consciente e asumible como fórmula política. A idea xurdiu de Luciano García Alén, galeguista histórico que actuou de presidente durante a primeira andaina do grupo, e de Perfecto Yebra Martul-Ortega, responsable da elaboración do programa político de Coalición Galega en 1985 e que asumiu o secretariado. Como primeiros integrantes do clube figuraban Barreiro Fernández, Couceiro Rivas, García Iglesias, Gómez Segade, González Reboredo e Sobrino Manzanares. A incidencia no debate público que pretende establecer na sociedade galega, realízao a través de conferencias e táboas redondas. Entre os conferenciantes que empregaron a tribuna do Clube cómpre salientar a Barreiro Fernández, Barreiro Rivas, Beiras Torrado, Fernández del Riego, Méndez Ferrín ou Nogueira Román, entre os políticos e intelectuais galegos, e Saraiva de Carvalho ou Roca Junyent, entre as personalidades foráneas.

Palabras veciñas

Club Vigo Voleibol | Club Voleibol Atlética | Clube Comicarte | Clube Nacionalista Alén Nós | Cluj-Napoca | Clunia | Clunia