Club Voleibol Atlética
Club Voleibol Atlética
Club de voleibol masculino vigués, xurdido no seo da Unión Recreativa de Empregados da Caixa de Aforros (URECA), que acadou o ascenso á Liga ACEVOL (División de Honra) en 1993. Logo de tres tempadas na máxima categoría española, fusionouse co Club Vigo Voleibol.