"Ulla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 174.

  • Facer barullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudiou Percusión, Harmonía e Contrapunto-fuga nos conservatorios da Coruña, Madrid e Santiago de Compostela. Foi fundador no 1986 do grupo de música contemporánea Talea. En 1987 participou na fundación da ACC (Asociación Coruñesa de Compositores) e da AGC (Asociación Galega de Compositores). Dentro da súa produción destacan as obras: Momento en color metal, op. 2, para cuarteto de metais (1985); Impresiones sonoras en blanco y negro, op. 4, para piano só (1986); Anástasis, op. 18, para piano só (1990) e Las estruturas del caos. Metodología para el establecimento de una ciencia del movimiento y los tiempos simultáneos en la música, op. 23 (1995-1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Ribadeo. As súas armas levan, entre ondas de azul e prata, burbullas. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Borbullar, Borbulleiro, Borbullón, Burbulla,   Burbullar, Burbulleiro e Burbullón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer os líquidos burbullas que saen á superficie.

    2. Nacer a auga da terra ou ferver impetuosamente facendo burbullas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno vulto que sae na pel especialmente por efecto do sarampelo ou da picadura dalgún insecto.

    2. ulto de pequeno tamaño que lles sae ás plantas e que logo pasa a converterse nunha nova póla, folla ou flor.

    3. Parte avultada do talo das plantas que coincide co lugar onde se insería unha folla ou unha póla que, como no caso das canas, dá unha aparencia dun talo articulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno vulto que sae na pel especialmente por efecto do sarampelo ou da picadura dalgún insecto.

    2. ulto de pequeno tamaño que lles sae ás plantas e que logo pasa a converterse nunha nova póla, folla ou flor.

    3. Parte avultada do talo das plantas que coincide co lugar onde se insería unha folla ou unha póla que, como no caso das canas, dá unha aparencia dun talo articulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Confusión e ruído, que fan unha ou máis persoas reunidas, provocado por voces, risas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla voante en dobre folio editada por Xoán Gherlinc aló polo ano 1496 en Monterrei. Presenta letra gótica, capitais lombardas a dous tamaños e cincuenta e unha liñas. Atópase na biblioteca da Hispanic Society en Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sopa típica da costa mediterránea francesa consistente en peixe cocido, con especias fortes, viño e aceite que se serve en rebandas de pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. A súa obra ten un cariz colosalista, moi influído polo manierismo italiano. É autor do castelo de Écouen (1540-1542), construído para o condestable Montmorency, do hôtel de Soissons (1572) e do pavillón que leva o seu nome nas Tullerías, para o monarca Enrique II e Catalina de Medici. Posiblemente, colaborou na construción do castelo de Chantilly.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Separar os grans de millo do carozo.

      2. Sacar os grans dos legumes das casulas.

      3. Sacar as castañas do ourizo.

      1. Quitarlle a pel aos tubérculos.

      2. Quitarlle a cortiza ás arbores.

    1. Gastar moito dunha forma excesiva e descontrolada.

    2. Comer moi rápido e con avidez.

    3. Sufrir as penas ou os problemas en silencio.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeofísico inglés. Desenvolveu teorías sobre o xeomagnetismo entendendo o campo magnético da Terra a partir dos movementos convectivos do material fundido do núcleo. Estudiou a deriva dos continentes moito antes de que fose xeralmente aceptada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de la Región de Murcia, situado a 53 km ao O de Murcia, no límite das comarcas de Mula e do Noroeste (10.488 h [1996]). Está drenado polo Mula, afluente do Segura. No seu termo érguese a Sierra del Castellar, que ten o seu cumio a 989 m de altitude. A súa base económica é o sector agropecuario, que abastece unha industria alimentaria, principal actividade en canto a emprego. Destaca o cultivo da vide, acollido á Denominación de Orixe Bullas, que abrangue ademais os concellos de Cehegín, Mula e Ricote, e parte dos de Calasparra, Caravaca, Moratalla e Lorca. A variedade de uva Monastrell representa o 80% da súa colleita, aínda que tamén se traballa coas Tempranillo, Macabeo e Airen. A industria alimentaria compleméntase con fábricas de conservas, de froitas e hortalizas. Diversos xacementos arqueolóxicos permiten datar a presenza humana no Neolítico. As civilizacións romana e islámica deixaron pegadas da súa presenza no territorio; da última consérvase unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficial dunha chancelería encargado de poñer o selo (xeralmente a bula de chumbo) nos documentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Globo de aire ou doutro gas que se forma no interior dun líquido e sobe á superficie deste cando ferve, fermenta ou cando se move moito.

    2. Porción de aire ou dun gas calquera envolto nunha película de auga ou doutro líquido.

    3. Parte levantada da superficie sólida dunha peza metálica de fundición, producida pola presenza dun gas no seu interior mentres se atopaba en estado pastoso.

    4. Mancha nas copias ou nos negativos que aparece por mor dun procesado incorrecto. Cáusano as burbullas de gas ou de líquido baixo a superficie da emulsión, debido a reaccións químicas que se dan en moitas ocasións entre as diferentes solucións, sobre todo cando o aclarado é inadecuado.

    5. Dominio magnético local estable (non volátil), de dimensión submicroscópica, inducido no seo de certos materiais que se empregan como substrato para memorias de gran capacidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fai burbullas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer os líquidos burbullas que saen á superficie.

    2. Nacer a auga da terra ou ferver impetuosamente facendo burbullas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa afeccionada a facer que outros se poñan a mal, fomentando discordias, liortas e alborotos.

    VER O DETALLE DO TERMO