"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista compostelá bilingüe aparecida no nadal de 1984 e subtitulada “Revista de Cultura”. Cesou nos primeiros meses de 1988. Coordinada por Luís Alonso Girgado, G. Domínguez Santos, X. Lens Tuero, Xesús Rábade Paredes, Xosé Sánchez Reboredo e Manuel Quintáns Suárez, colaboraron nela Torres Queiruga, R. Irago Silva, o doutor Xisto Seco, Antonio Fraguas, Fernández del Riego e outros. Editada pola Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, a súa temática era cultural, histórica e literaria. Dirixíase aos Centros Galegos, Casas de Galicia e Asociacións galegas espalladas polo mundo. Dedicou tamén monográficos a Valle-Inclán e Castelao, amais de traballos sobre poetas como Cabanillas, Rosalía, Curros, Pimentel, Gerardo Diego e Lorca.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe aparecida no ano 1985 en San Cibrao (Lugo), subtitulada “Asociación cultural Anduriña San Ciprián”. Contiña artigos sobre historia, deportes, humor, concursos e unha dedicada a “Nuevos Poetas”. Tiña funcións divulgativas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista trimestral do Centro Galego de México que saíu no ano 1990. Estivo dirixida por Xosé Luís Álvarez, sendo secretaria María do Carme Forte e redactor Luís Cendón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada nos Ánxeles pola Peña de Galicia do CEOC-California, fundada polo empresario Anxo Vázquez Boedo. Dirixida por Manuel J. Torres, oriéntase a difundir as actividades da Asociación.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación oficial do Centro Galego de Lausanne (Suíza), que se ocupa de temas da emigración galega, asuntos do propio Centro e novas de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Camba, no concello de Vilariño de Conso, á beira do encoro das Portas. Ten 971 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz, de 578 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Bolsa formada pola dilatación das paredes dunha arteria nun punto delimitado e en comunicación coa luz do vaso. A miúdo causa hemorraxias, embolias e lesións dos órganos circundantes. Pode ser conxénita ou conseguinte a unha acción patolóxica posterior ao nacemento. O aneurisma desecante, localizado moi frecuentemente na aorta, prodúcese pola infiltración de sangue entre as paredes da arteria; o aneurisma arteriovenoso relaciónase cun saco aneurismático que comunica unha arteria cunha vea; e o aneurisma micótico é o producido por un axente infeccioso.
-
Dilatación dunha parte dun ventrículo do corazón semellante a un aneurisma, causada por un infarto de miocardio.
-
Enfermidade ocasionada por nematodos que parasitan na capa muscular das arterias de diversos mamíferos (cabalos, tenreiros, etc), especialmente dos individuos novos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao aneurisma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sutura do saco dun aneurisma por diversos procedementos.
-
-
Recurso estilístico de orixe grega que consiste na imitación paródica ou burlesca dun texto literario.
-
Composición curta de carácter paródico que utiliza as rimas orixinais dun poema célebre na construción doutro de sentido diferente, no que a parodia se deriva da descontextualización desas rimas.
-
-
-
Mamífero da familia dos anomalúridos.
-
Familia de mamíferos da orde dos rilladores integrada por individuos duns 60 cm de lonxitude, de corpo alongado e coa cabeza parecida á dun esquío, coas extremidades longas e de cores diversas, en xeral vermellas. Teñen unhas patas que lles permiten saltar e planear entre as árbores, e unha serie de escamas córneas, baixo o rabo, que cravan no tronco das árbores para axudarse a subir. Son fruxívoros. Todas as especies son africanas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome galego derivado de Ansur.
-
PERSOEIRO
Foi un dos santos galegos da Rivoira Sacrata, no val do Sil. Bispo de Ourense, a tradición atribúelle milagres e o don da profecía. De familia nobre, doou a san Rosende, abade de Celanova, a igrexa de Santa María de Bonata. Nos últimos anos de vida, retirouse ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil. A súa festa celébrase o 26 xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas tropicais americanas da familia das aráceas, que comprende máis de medio millar de especies herbáceas ou gabeadoras, algunhas das cales son cultivadas como plantas ornamentais pola beleza das súas follas ou das súas espatas de cores vivas.
-
-
Que prevén ou combate a inflamación dun nervio.
-
Nome xenérico dos axentes que combaten a neurite.
-
-
-
Que prevén ou combate o proído.
-
Nome xenérico dos fármacos antiprurixinosos; os máis comúns son os antihistamínicos, antiserotonínicos e algúns cortisónicos, anestésicos e astrinxentes cutáneos locais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colorante que, mesturado coa alumina, proporciona un matiz escarlata. O seu diacetato utilizouse na medicina como laxante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia de ouriños por falta de formación renal (anuria verdadeira) ou por mor dun obstáculo interposto no curso da urina, entre o ril e a vexiga urinaria (anuria falsa).
-
VER O DETALLE DO TERMO
ontade de mudar unha determinada situación política, social, relixiosa, etc, para facela menos restritiva.