"Valle" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 79.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa (28 h [2001]), situado á beira do Camiño Navarro de Peregrinación a Santiago. Álzase a 962 m de altitude, na vertente S do porto de Ibañeta, onde conflúe a tradición xacobea coa carolinxia. Durante o s VIII foi motivo de enfrontamentos entre os musulmáns e o reino cristián dos francos, dos que destacou a Batalla de Roncesvalles. Dista 762 km de Santiago de Compostela e está considerado como a porta do Camiño en España. Do seu patrimonio destaca a Colexiata (s XIII), o claustro (s XIV), as capelas de San Agustín, Santiago e do Espíritu Santo, a casa prioral, o hospital (s XIX), convertido en albergue, a casa dos Beneficiados e o Museo de Roncesvalles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate lendario contextualizado en Roncesvalles en 778. Referiuse á derrota da retagarda do exército de Carlomagno, encabezada por un dos seus cabaleiros, Roldán, ao volver da súa fracasada expedición contra Zaragoza. Historicamente este exército foi obxecto dun ataque de sarracenos, conducidos por Matru ḥ e Aišũn, entre o Ebro e Pamplona co obxecto de liberar ao pai destes, Sulaymān ibn Yaq ṯ ãn al-Arabĩ, gobernador musulmán de Barcelona e Girona, cousa que conseguiron; despois os gascóns sorprenderon a retagarda do exército ao atravesar os Pireneos e desfixérona. Estes feitos serviron de punto central de cristalización do chamado ciclo do Rei da épica francesa, no que destacou a Chanson de Roland.
-
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Formouse en Madrid, onde dirixiu a banda do corpo de enxeñeiros (1897). Director da banda municipal de Donostia, compuxo cincuenta zarzuelas, das que destacan Los amarillos y El naranjal, piezas para piano e música instrumental.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado ao SL de Jerez de la Frontera (4.268 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura, onde destacan os cultivos de trigo, cítricos e oliveiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Liberal, foi ministro de Estado (1822) e, ao producirse a invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, foi xefe de estado maior de F. Espoz y Mina. Foi ministro da Mariña e da Guerra (1837). Despois de La Vicalvarada foi xefe da Xunta de Salvación (1854).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (60.265 h [2001]). É un centro residencial e lugar de veraneo. A industrialización acelerouse coa consolidación do Eix de Promoció Industrial del Vallès e do Parc Tecnològic del Vallès.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou de Terrassa , ou de la Serra , ou de Galliners Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (13.727 h [2001]). Foi un centro agrícola e residencial pero a proximidade de Sabadell e Terrassa motivaron un cambio importante na economía.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid situado no S da comunidade autónoma (1.759 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estación de deportes de inverno situada no estado de California, EE UU, ao N de Sierra Nevada. Foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1960.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1923 no marco do New Deal de Roosevelt, que construíu un sistema de presas reguladoras do río Tennessee que permitiu o aproveitamento da auga e posibilitou a industrialización e o crecemento económico dos estados que forman a súa conca hidrográfica.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Honduras (1.565 km2; 121.000 h [estim 1991]). A súa capital é Nacaome (9.801 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico. Creou unha editorial en Ferrol para publicar as súas obras científicas. Escribiu En los umbrales de la era atómica: vulgarización científica, sobre la energía atómica y sus posibilidades industriales (1949) e Tratado práctico de Física elemental con orientación marítima (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado en La Hoya de Málaga, á beira do Guadalhorce (2.972 h [2001]). A agricultura de secaño e a gandaría son a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura, regado polo río Guadámez (1.522 h [2001]). Ten xacementos de tungsteno e chumbo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Monumento situado na serra de Guadarrama construído entre 1940 e 1956 segundo un proxecto de Pedro Muguruza e Diego Méndez e decorado con esculturas monumentais de Juan de Ávalos. Concibido en memoria das vítimas de Guerra Civil, foi construído por prisioneiros republicanos. Está formado por unha gran cruz de granito erixida sobre a pena de Cuelgamuros. Na rocha escavouse a basílica, cunha nave con seis capelas laterais, cruceiro e co altar maior na propia rocha. No interior atópanse as tumbas de Francisco Franco e José Antonio Primo de Rivera e, ocultas a vista do público, as de 40.000 soldados, dun e outro bando da Guerra Civil. Detrás da basílica atópase a abadía beneditina e outros edificios, como a biblioteca e a hospedaría. Pertence ao Patrimonio Nacional.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situada aos pés da cordilleira Cantábrica (3.229 h [2001]). Ten industria química e é un centro turístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Fernando VI a Álvaro de Navia-Bolaño Ribadeneira e Moscoso , señor do val de Oselle (Becerreá), oidor decano da Real Audiencia de Lima, ministro honorario do Consello de Indias e cabaleiro da orde de Santiago. Sucedeulle o seu fillo Antonio de Navia-Bolaño e Solisvango, II conde do Valle de Oselle, e a este o seu sobriño Pedro José de Zárate e Navia-Bolaño, III conde do Valle de Oselle. Os seus fillos non levaron o título e este foi rehabilitado en 1920 por Dolores Santamarina Valcárcel , IV condesa do Valle de Oselle, a quen sucedeu a súa sobriña Angela Santamarina Alduncín, V condesa do Valle de Oselle, que morreu sen sucesión. En 1961 o título pasou a Miguel Ángel Gastón y Fernández de Bobadilla (1921), VI conde do Valle de Oselle. Trae por armas as dos Navia-Bolaño: escudo cortado, primeiro, de azul, banda de outro engolada en dragantes de sinople, con lingua de goles e perfilados de ouro; segundo, de sinople, un castelo...
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Bizkaia, Euskadi, situado ao NO de Bilbao (12.621 h [2001]). É un centro mineiro de ferro.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Filipinas, formada polas provincias de Batanes, Cagayan, Ifugao, Isabela, Kalinga-Apayao, Nueva Vizcaya e Quirino (26.838 km2; 2.813.159 h [2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia (22.140 km2; 4.175.515 h [estim 2000]). A súa capital é Cali.
VER O DETALLE DO TERMO