"Ya" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 670.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anaia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo Empresarial editorial creado en 1988 a partir de Ediciones Anaya (1959), dedicada aos libros de texto, e de Ediciones Generales Anaya. Integran este grupo editorial Edicións Xerais de Galicia e Alianza Editorial, adquirida en 1989. O capital social da empresa ten participación maioritaria da multinacional Havas dende o ano 1999.
-
PERSOEIRO
Mestre e pedagogo. En 1933 exerceu como mestre interino en Cayuela e Valdenoceda (Burgos) e en novembro de 1934 comezou a exercer como mestre nacional en Hontoria de la Cantera (Burgos). Ao rematar a Guerra Civil foi sancionado e trasladado a Cañizar de Amaya e no 1940 pediu a excedencia no Maxisterio Nacional. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid e en outubro de 1943 comezou a dar clases de Bacharelato en Almadén (Ciudad Real), en centros de ensino privado e clases particulares. Ensinou Lingua e Literatura gregas (1948-1950) no Instituto Luis Vives de València; posteriormente, do ano 1950 a 1953, trasladouse a Burgos onde tamén impartiu clases particulares. A finais 1953, gañou a Cátedra de Filosofía da Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela e no 1954 a Cátedra de Filosofía do Instituto Rosalía de Castro. Diplomouse en Psicoloxía pola Universidade de Madrid...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto neoclásico que exerceu como arquitecto municipal da Coruña no primeiro terzo do século XIX. A súa concepción arquitectónica quedou perfectamente exposta na capela do cemiterio da Coruña (1834).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das asteráceas, cubertas dun tomento abrancazado ou apardazado. Presentan capítulos de brácteas involucrais en dúas series con flores liguladas de coloración amarela, e aquenios pequenos con vilano caduco e plumosos. En Galicia están presentes en ambientes areosos ou rochosos A. integrifolia e A. ragusina.
-
PERSOEIRO
Orientalista francés, experto en temas persas e na relixión mazdeísta. Publicou a primeira tradución francesa da Avesta (1771).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do il de Antalya, Turquía (502.269 h [1995]). Porto do Mediterráneo no interior do golfo de Antalya e centro comercial da chaira da Panfilia. É un lugar característico de turismo. Ten aeroporto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía, na costa do Mediterráneo (20.815 km2; 1.146.500 h [1990]). A súa capital é Antalya. Ten cultivos de cereais, sésamo, froita e madeira. Explota minas de cromo e de uranio.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Henan, China, nos contrafortes dos Taihang Shan (420.333 h [estim 1991]). Centro mineiro (hulla), siderúrxico e agrícola. Capital da dinastía Shang, instituída por Pangeng contra o 1300 a C. As escavacións do s XX revelaron o extraordinario desenvolvemento da cultura do bronce chinesa (son reputadas as pezas de ‘bronce Shang’). Descubriuse o interesante arquivo das inscricións mantiques sobre cunchas de tartaruga (máis de 100.000 pezas), as mostras máis antigas conservadas da escritura chinesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Kyonggi, na República de Corea do Sur (590.996 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Industria Palelolítica, de cronoloxía imprecisa, de Myanmar (antiga Birmania). Esta industria de tradición non Acheulense caracterízase polos seus seixos traballados, tanto unifacial como bifacialmente, e os útiles sobre lasca.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e teólogo. Ingresou no convento dos Agostiños Calzados de Barcelona (1732). Foi secretario provincial (1750) e prior do novo convento de Santo Agostiño (1752), provincial de Catalunya e Aragón (1758), bispo de Lugo (1768-1785) e arcebispo de Tarragona (1785). Colaborou en todas as obras públicas da cidade, e rematou a reconstrución do acueduto romano investindo rendas da mitra (1798). Durante a súa estadía en Lugo preocupouse intensamente pola cultura e a sociedade: deu o seu azo á importante Biblioteca Episcopal (1768), creou e mantivo tres escolas gratuítas (1780) e mandou construír o cárcere (1776). O seu espírito ilustrado fixo que fora un dos principais promotores e o primeiro Director da Sociedade Económica de Amigos do País coa finalidade de estimular a economía e o ensino en Lugo. Varios dos seus traballos foron reeditados durante o s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor valenciano. Formado en Salamanca, mantivo contacto directo con ambientes ilustrados. Seguiu a carreira administrativa e chegou a ser contador de finanzas en Vara de Rey (Cuenca) onde intentou, inutilmente, crear unha sociedade económica. Autor das obras Odas, Epigramas (1784) e, sobre todo, Sátiras, que a censura impediu publicar, opuxo ao concepto optimista de “século das luces” o de “século das aparencias”. Tamén escribiu, entre 1786 e 1790, Cartas político económicas al conde de Lerena, unha das primeiras e máis incisivas manifestacións do pensamento liberal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
[Sociedade dos nobres] Secta hindú teísta, fundada en Bombai en 1875 por Dayānanda. Pretende ser unha purificación e renovación do Hinduísmo mediante unha volta á doutrina dos Vedas. Combate o politeísmo e a mitoloxía hinduísta, o culto das imaxes, os sacrificios, o sistema de castes e os matrimonios infantís. O libro de Dayānanda Sātyārtha Prakāsá (‘Manifesto da verdade’) recolle os seus principios rectores. Lahore e Ajmer son os centros máis importantes. Está moi estendida no Punxab.
-
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo indio. Primeiro científico indio do que se conservan escritos. Autor do tratado Āryabhat ṭ iyā (499?), onde resume as matemáticas do seu tempo. É ademais, o primeiro en falar da rotación da Terra. Os seus principais traballos de matemáticas foron a extracción de raíces cadradas e cúbicas, a utilización do sistema decimal co número cero, a suma das progresións aritméticas, a resolución de ecuacións de segundo grao cunha incógnita e sistemas de dúas ecuacións con dúas incógnitas, a utilización de senos e cosenos e a aproximación ao número π ata a cuarta cifra decimal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
olcán xaponés, situado na parte central da illa de Honshū. A súa altitude é de 2.525 m. É o máis violento de todos os volcáns activos do Xapón. A erupción de 1783 matou milleiros de persoas.
-
PERSOEIRO
Neurofisiólogo armenio da escola pavloviana. Entre os seus traballos cómpre destacar Fisioloxía do sistema nervioso central (1953), Funcionamento e regulación do cerebro (1963) e Ensaio sobre as actividades nerviosas superiores (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Concedido por real despacho do 27 de febreiro de 1693 co vizcondado de Cela a Xosé Pardo de Figueroa e Soutomaior, cabaleiro de Santiago, membro dos consellos de Castela e de guerra de Carlos II, asistente da cidade de Sevilla e mestre de campo e Presidente da Real Audiencia de Contratación de Indias. Este primeiro marqués da Atalaya, natural de Betanzos, morreu en Sevilla deixando como única herdeira a súa muller, María de Lezama, agás os bens raíces herdados de seus pais, que pasaron aos morgados da casa dos Pardo e dos Figueroa, aos que tamén se engadiron os oficios de rexedores das cidades da Coruña e Lugo. O título foi herdado polo irmán do primeiro marqués, Baltasar Pardo de Figueroa e, de seguido, foi cancelado polo vizcondado de Cela. Leva as armas dos Pardo de Figueroa: escudo partido onde a primeira partición leva en campo de prata unha aguia voante de sable e, na segunda, cinco follas de figueira de prata postas en aspa, sobre campo de ouro.
-
GALICIA
Escritora. Empezou a súa carreira literaria publicando traducións do inglés e do francés en El Diario de la Habana. Moitas das súas obras, entre as que destacan Mauricio (1845), Úrsula (1848) e Una venganza (1850), apareceron como folletíns dominicais no Diario de la Marina. Asinaba co pseudónimo de Felicia. Escribiu os ensaios Luisa Siged e La Mujer Ilustradora, reivindicando unha educación sistemática para a muller e o voto feminino.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do Perú, capital do departamento de Ayacucho (105.918 h [1993]).
VER O DETALLE DO TERMO