Armanyà i Font, Francesc

Armanyà i Font, Francesc

Eclesiástico e teólogo. Ingresou no convento dos Agostiños Calzados de Barcelona (1732). Foi secretario provincial (1750) e prior do novo convento de Santo Agostiño (1752), provincial de Catalunya e Aragón (1758), bispo de Lugo (1768-1785) e arcebispo de Tarragona (1785). Colaborou en todas as obras públicas da cidade, e rematou a reconstrución do acueduto romano investindo rendas da mitra (1798). Durante a súa estadía en Lugo preocupouse intensamente pola cultura e a sociedade: deu o seu azo á importante Biblioteca Episcopal (1768), creou e mantivo tres escolas gratuítas (1780) e mandou construír o cárcere (1776). O seu espírito ilustrado fixo que fora un dos principais promotores e o primeiro Director da Sociedade Económica de Amigos do País coa finalidade de estimular a economía e o ensino en Lugo. Varios dos seus traballos foron reeditados durante o s XIX.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vilanova i la Geltrú

  • Deceso

    Lugar : Tarragona