"Zante" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 56.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que latiniza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona gonadotrópica sintetizada e segregada polo lóbulo anterior da hipófise que favorece a maduración do folículo, a ovulación, o desenvolvemento do corpo lúteo ou amarelo e a secreción de estróxenos e de proxesterona polo ovario. A hormona equivalente no home estimula a secreción de testosterona por parte das células intersticiais do testículo ou células de Leydig.
-
-
Que magnetiza.
-
Campo magnético que está destinado a producir unha imantación.
-
Corrente eléctrica que está destinada a crear un campo magnetizante.
-
Intensidade de campo dun campo magnético.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que martiriza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que impulsa a mineralización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
neutralizador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que paraliza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que impide a floculación nunha suspensión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que polariza.
-
-
Que pica ou punza.
-
Que causa unha sensación dolorosa aguda e penetrante.
-
Que molesta, fire ou causa dor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen mostra simpatía cara a un partido político ou unha doutrina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que se emprega para solubilizar especies insolubles nun medio determinado. OBS: Tamén se denomina axente solubilizante.
-
-
Que suaviza.
-
-
Produto que se utiliza para conservar a suavidade da roupa.
-
Produto que se emprega para esponxar os cabelos e evita que se enleen eliminando a electricidade estática.
-
-
-
-
Que tranquiliza.
-
Medicamento que se emprega no tratamento das psicoses e neuroses e produce tranquilidade emocional e relaxación sen provocar hipnose nin sedación importante. Os tranquilizantes poden ser maiores, utilizados como terapéuticos das psicoses graves; ou menores, empregados como drogas de elección nas neuroses e especialmente nos estados de ansiedade.
-
-
-
Que xudaíza.
-
Xudeu converso que mantiña a práctica do xudaísmo, privada ou publicamente, en España e Portugal.
-
-
ILLAS
Illa grega situada no Mar Xónico ao S de Cefalonia (401 km2; 30.000 h). Xunto cos dous illotes situados ao S, constitúen un nomós das Illas Xónicas (406 km2; 32.557 h [1991]). A capital é Zante (9.767 h [1981]). De clima mediterráneo, danse a miúdo fenómenos sísmicos. É rica en cultivo de vides, oliveiras, cítricos, figueiras e outros cultivos pero o recurso económico principal é o turismo, que se concentra sobre todo na capital, nunha ladeira dun outeiro dominado por un castelo veneciano. Fundada por Zante, un heroe lendario fillo de Dardanoi, no s V a C estivo baixo a órbita de Atenas. Posesión macedonia (217 a C) e romana (191 a C), foi conquistada polos bizantinos no s XII, pasou aos Orsini e a Venecia, que a conservou ata 1797. Foi incorporada definitivamente a Grecia en 1863.
VER O DETALLE DO TERMO