"arse" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 50.

    1. Relativo ou pertencente a Marsella ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Marsella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arsenio Martínez de Campos y Antón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Destacou na Guerra de África, en México (1861-1862), onde loitou ás ordes do xeneral Prim, e en Cuba (1869). En 1872, voltou a España e loitou en Catalunya contra os carlistas e ao ano seguinte en València. Enfrontado co goberno republicano, dimitiu do cargo de capitán xeneral e foi confinado en Mallorca. O 29 de decembro de 1874 pronunciouse en Sagunt en nome de Afonso XII. O colapso do goberno provisional deulle a vitoria e o rei foi proclamado en Madrid. Nomeado capitán xeneral de Catalunya (1874-1886), iniciou a campaña contra os carlistas e marchou a Cuba onde dirixiu a guerra. Despois de derrotar os insurrectos (Paz de Zanjón, 1878), voltou a España e ao ano seguinte formou un goberno. Morto Afonso XII, fixo de mediador entre Cánovas del Castillo e Mateo Sagasta para que asinaran o Pacto de El Pardo (1885). Nomeado de novo capitán xeneral de Catalunya (1890 e 1893), foi xeneral en xefe das forzas de África (1893) e acabou a guerra de Melilla. Capitán xeneral de Castela-A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estratega bizantino. Foi sucesivamente comes sacri cubiculi e prefecto do tesouro. Enviado a Italia (538), comandou unha grande expedición contra os godos (551) e coa caída da cidade de Compsa (555) e a derrota dos alemáns, puxo fin á dominación goda de Italia. Como patricio encargouse do ordenamento administrativo deste país e reparou as devastacións da guerra. Morreu na víspera da invasión dos longobardos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distancia á que se sitúa un punto tal que as dúas rectas que o unen cos dous extremos do semieixe da Terra forman un ángulo de 1 s. Daquela, a paralaxe deste punto é dun segundo de arco. O parsec, que equivale a 3,26 anos luz, é unha unidade de distancia que se usa en astronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, educador e político. Coñecido, en irlandés, como Padraig Mac Piarais, organizou a New Ireland Society (1897) e estivo ligado á Gaelic League, onde dirixiu (1903-1909) o seu órgano de expresión, Claidheamh Soluis. En 1908 fundou o St. Enda’s College (Scoil Eanna) para intentar potenciar o irlandés como lingua de cultura mediante métodos pedagóxicos modernos. Foi comandante en xefe do exército durante a rebelión de 1916 e presidente do goberno provisional da República de Irlanda, pero foi executado na prisión de Kilmainham. Escribiu obras de teatro e poemas, e publicou varios contos extraídos dos antigos manuscritos irlandeses. Moitas das súas obras foron recompiladas en Collected Works (2 vol, 1917-1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motín levado a cabo polas tropas asentadas no Arsenal de Ferrol en 1795, causado pola falta de fondos para o pagamento dos seus soldos, debida á crise da facenda polos gastos da guerra que os deixara sen paga durante seis meses. Como medida de coacción, presentouse o capitán xeneral de Galicia coas súas tropas nas proximidades de Ferrol, pero non resultou efectivo e finalmente pagaron aos soldados con fondos da cidade e do cabido, ante a necesidade de manter a Armada alerta para a súa posible incorporación á guerra con Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘sentarse’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resección do tarso ou dalgún dos seus ósos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Única peza dramática escrita por Afonso Castelao, que foi estreada en 1941 no Teatro Mayo de Bos Aires pola Compañía Gallega Maruxa Villanueva, dirixida por Manuel Varela Buxán. Editada en 1953 por Galaxia, con ilustracións do autor, xurdiu a partir dunha serie de ideas que Castelao anotara no seu Diario 1921, despois de asistir á representación do Théâtre de la Chauve-Souris de Nikita Baliev, en París. Concibida como un espectáculo total, trata a historia de tres vellos -o boticario don Saturio, o fidalgo don Ramón e o labrego rico don Fuco-, que se namoran de tres rapazas novas, e que remata coa morte destes e a súa conversa, xa como esqueletos, no cemiterio, onde observan o que aconteceu coas súas pretendidas namoradas e recoñecen que a súa desgraza provén do seu tardío namoramento.

    VER O DETALLE DO TERMO