vellos non deben de namorarse, Os

vellos non deben de namorarse, Os
[LIT/ESPECT]

Única peza dramática escrita por Afonso Castelao, que foi estreada en 1941 no Teatro Mayo de Bos Aires pola Compañía Gallega Maruxa Villanueva, dirixida por Manuel Varela Buxán. Editada en 1953 por Galaxia, con ilustracións do autor, xurdiu a partir dunha serie de ideas que Castelao anotara no seu Diario 1921, despois de asistir á representación do Théâtre de la Chauve-Souris de Nikita Baliev, en París. Concibida como un espectáculo total, trata a historia de tres vellos -o boticario don Saturio, o fidalgo don Ramón e o labrego rico don Fuco-, que se namoran de tres rapazas novas, e que remata coa morte destes e a súa conversa, xa como esqueletos, no cemiterio, onde observan o que aconteceu coas súas pretendidas namoradas e recoñecen que a súa desgraza provén do seu tardío namoramento.

Palabras veciñas

Vello do Pico-Sagro, O | Vello Testamento | Vellore | vellos non deben de namorarse, Os | vellouqueiro -ra | Velo Cobelas, Carlos | Velo Mosquera, Xosé