Narsés

Narsés

Estratega bizantino. Foi sucesivamente comes sacri cubiculi e prefecto do tesouro. Enviado a Italia (538), comandou unha grande expedición contra os godos (551) e coa caída da cidade de Compsa (555) e a derrota dos alemáns, puxo fin á dominación goda de Italia. Como patricio encargouse do ordenamento administrativo deste país e reparou as devastacións da guerra. Morreu na víspera da invasión dos longobardos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Armenia